Tal e como vos informamos na previa a na información post-eneocntros esta pasada semana comezaron os encontros do 4 equipos que se clasificaron para o PLya-Off de ascenso a Liga da Costa, (2ª Futgal), nos que estaban inmersos o SD Oza, UD Cerqueda, Volantes de Baño FC e SCD Malpica.
No encontro de ida de semifinais o Oza derrotaba por 3-1 ao Cerqueda, golo o dos cerquedenses que lles da un chisco de forza para tratar de darlle a volta a eliminatoria no Xabiña o vindeiro Domingo 25 de Maio. Pola sua banda o Malpica derrotaba a domicilio ao Volantes por 0-3, poñéndolle moi costa arriba a eliminatoria de volta, tamén este vindeiro Domingo na Pedra Queimada, e segundo informa nas suas redes sociais o equipo malpicán este encontro de volta das semifinais xa non se xogará, polo que os da “Vila da vida” esperan rival na final a dobre encontro e poderán observar desde a banda no seu propio concello as virtudes e defectos do equipo que lles toque como rival.
Por parte do Volantes non leemos nada sobre o abandono nin recibimos contestación do enlace que temos do clube. O clube muradán xa tivo dificultades no derradeiro treito de liga para xuntar xogadores para presentarse os encontros non se presentando en algún e este apunta a ser o motivo de abandoar a loita polo ascenso e poñerse a planificar a vindeira tempada. Toda a nosa sorte e desexo de que se pase este mal intre.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”