O MALPICA ACADA O ASCENSO A LIGA DA COSTA TRAS DERROTAR DE NOVO O OZA, (3-1).

O Malpica celebrou ca afección o ascenso.

SCD Malpica 3-1 SD Oza

O Malpica de David Baña chegaba ao encontro de volta da final polo ascenso cunha ventaxe de 2 goles acadados no Carral, (0-2) e buscou controlar o encontro sabedor que os ocenses ían a buscar pronto un gol que os metese no encontro e na eliminatoria. A primeira metade rematou sen goles e sen cartóns.

Xa na  segunda metade nada máis comezar os de Miguel Sande e Gonzalo Novo, acadaban o gol que querían para poñer nervoso o adversario e tratar de acadar o empate na eliminatoria. O gol era obra de Alejandro. Pouco durou a ledicia dos de Miguel Sande pois tras sacar de centro chegaba o empate cun gol de Jonatan.

O gol sentáballe mal os ocenses tras ver a luz un minuto antes e non tardaba en chegar outro gol malpicán por medio de Luis Manuel, e sen tempo a asimilalo chegaba o da sentenza por medio de Sergio para mandar a Liga da Costa a un Malpica que fixo unha primeira volta excelente pero que lle matou a irregularidade na segunda para non poder ascender direto.

SCD Malpica : Abdou, Pablo, Diego, Crístian, Jonatan, Aday, Francisco, Adrián, Luis Manuel, e Parga. Tamén participaron : Eloy, Joel, Sergio, Julián e Raúl.

SD Oza : Samuel, Brais, Alejandro, Alberto,Nacho, Salah, Hugo, Saar, Crespo, Puñal, e Gabín. Tamén participaron : Raúl, Alexis, Salazar, Vilariño e Juan Lagoa.

Árbitros : Roberto Baña, acompañado nas bandas por Luis Mourelle e David Castro. Amonestou polo Malpica a : Francisco, (47´), Rubén, (60´); Sergio, (64´), Aday, (66´); Eloy, (75´) e expulsou con vermello direto a Joel, (86´). Polo Oza amonestou a Miguel Sande, (50´), Puñal, (53´) e Hugo Fraga, (63´).

Goles : 0-1, Alejandro, (47´); 1-1, Jonatan, (48´); 2-1, Ferreiro, (60´); 3-1, Sergio, (68´).

“A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SCD Malpica e os nosos ánimos para os que forman o SD Oza”.

 

-Foto : FaceBook SCD Malpica

-Texto : Xosé Búa “Pirata”