COÑECE O LUMBRIGANTE, UN EXQUISITO “VECIÑO” DA NOSA COSTA.

 

Aquí tedes un “Homarus Gammurus”, un “Gamba Acorazada” unha das formas que ten a traducción do seu nome científico. Coñecido en Galicia como Lumbrigante ou Lubigante, algo máis preto do nome que lle puxeron no pasado, que se falaba de que era un “Bicho Horrible”, na antiga Grecia, un híbrido de lobo e panteira, pola sua parte frontal e os desafiantes anglos, por iso o de Lumbrigante, que deriva de lobo, do “Lubican”, un híbrido de lobo.

En castelán recibe o nome de “Bogavante”, unha cousa que nunca puideron comprender os mariñeiros, xa que é un animal que “boga”, hacía atrás. Ou sexa, cando escapa dun perigo ou quer desprazarse a distancia longa faino marcha atrás, cos impulsos da sua cola. O certo parece ser que este nome tamén ven dos lobos, e podería ter sigo “Lobagante”. Tamén se decía que como era un animal terrible, era o que bogaba diante nas galeras para intimidar os outros barcos. Tal é así que algúns barcos poñían unha figura dél no mascaróns de proa.

É un crustaceo decápodo que vive en profundidades dende a intermareal ata os 150 metros de profundidade, na sua familia ten o “Hommarus Americanus”, dunha calidade tremendamente inferior, e a que fai que en moitos documentales e películas se fale do Lumbrigante como unha Langista, totalmente incerto, pois son parentes, pero non teñen nada que ver, nen en contiruciín física, como no sabor, antre outras moitas cousas. O erro ven de que no outro lado do Atlántico chámanlle “Langosta Americana”, un erro grave, pero moi extendido.

En Muxía podedes degustalo, en arroz, a brasa, cocido, etc…nos nosos restaurantes clientes : A Casa do Peixe”, “A Lonxa d´Álvaro”, “Son de Mar”, “A Pedra d´Abalar”, “A de Loló”, “O Saburil”, (Nemiña), ou no “Plaia das Lanchas”, (este último por encargo). Unha “delicatessen” para o padal, en calquera das formas que extraordinariamente o cociñan.

Outra curiosidade é que en alemán da o nome o temible, polo seu aspecto acorazado, o todoterreo : “Hummer”.

 

O seu nome noutros sitios :

Pais Vasco : Abakando

Cantabria : Bocante

Cataluña : Llobregant

Valencia : Grimaldo

Italia : Lupicante

Portugal : Labugante

Inglaterra : Lobster

Alemán : Hummer

Francés : Homard.

 

Bueno, xa sabedes un pouco máis do moito que se pode falar deste “veciño” das nosas costas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies