As bergantiñanas no “A Gándara”.
Lóstrego CF 6-0 Bergantiños FC
Enfrontábanse o primeiro contra o segundo, as de Cháin para finiquitar o título de campionas absolutas galegas e o ascenso a Nacional, e as bergantiñanas para seguir firmando a excelente segunda praza, pero as da Gándara foron todo o ano na sua liga unha apisonadora e neste encontro pasárona na 1ª metade na que xa deixaron todo resolto cun craro 5-0, e con ocasións para máis, incluso un penalti errado.
Na segunda metade baixou o ritmo o campión, e apareceu un Bergantiños máis recoñecible, e ainda que recibeu un gol máis, ben puido facer algún, pero as virtudes das campionas foron en liga e nesta fase as de un equipo goleador e que encaixa moi pouco. Nesta fase marcaron 31 goles e encaixaron 4 en 7 partidos.
Con esta derrota as bergantiñanas caeron a 4ª praza con 12 puntos, os mesmos cas terceiras, Sárdoma e 2 menos co CD Lugo, que sube a segunda e que será o rival das de Carballo na vindeira xornada.
Marcaron polo Lóstrego : Laudith, Marta, Emma, (2), e Adelaida, (2) .
-Foto : Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia