O LICEO DEPORTIVO XOGA HOXE TELEVISADO ANTE O BARCELONA CO LIDERATO EN XOGO

 

O Liceo Deportivo lider por golaveraxe xogará hoxe luns ante o Barcelona no Palau Blaugrana a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT). Encontro que será televisado pola TVG2 e por OKLIGA.TV.

Na primeira xornada os liceistas derrotaban ao Igualada por 0-4 e na segunda o Taradell por 15-1. Pola sua banda o Barcelona derrotaba por 7-0 ao Palafruguell, encontro que tiñan que haberlle dado por perdido por aliñación indebida e na segunda xornada derrotou ao Lloret por 2-10. Ambos conxuntos suman polo tanto pleno de vitorias, sendo lider o clube liceista por golaveraxe e tamén con 6 puntos o Barcelona, Reus, Caldes e Voltregat.

 

-Foto : Deportivo Liceo 

-Texto : piratasdemuxia