O Brexo Lema Feminino incorpora a Marcos Núñez Martelo (Leiloio, Malpica de Bergantiños, 1981) como novo adestrador do seu equipo de 2ª Galega Feminina.
Marcos Núñez chega avalado por unha ampla traxectoria nos banquiños do fútbol feminino da comarca. Nas últimas campañas formou parte do Bergantiños Feminino, onde adestrou o equipo referencia no fútbol feminino costeiro na 3ª RFEF, así coma o filial de 2ª Galega e tamén equipos da base, como o conxunto infantil.
Con anterioridade, estivo durante dúas tempadas na SD Sofán, onde traballou co equipo alevín feminino e tamén cos conxuntos xuvenil e Senior B, acumulando unha importante experiencia na formación e desenvolvemento de xogadoras.
Agora afronta un novo reto no Brexo Lema Feminino, onde tratará de achegar traballo, compromiso e a súa experiencia para impulsar un proxecto novo e ilusionante, que continúa medrando e consolidándose dentro do fútbol feminino galego.
Desde a nosa web tamén queremos agradecerlle a súa colaboración durante a pasada tempada, na que foi un gran apoio para o noso medio. Desexámoslle toda a sorte nesta nova etapa deportiva.
–
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os clubes, afeccionados, socios, etc nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos. Poden mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto Brexo Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
