O SD Laxe e o CF Castrelo viven nesta época estival camiños totalmente apostos. Ambos son equipos da 3ª da Costa e namentras que o equipo laxense se reinventa e conta con nova directiva para a 2023/24 o CF Castrelo queda en suspense tras deixar a diretiva da pasada tempada dimite e deixa paso a que entre outra con novas ideas.
No SD Laxe toman o bastón de Felipe e compañía un grupo de pais, nais e un avó de xogadores de diferentes categorías con José Lema como presidente, Francisco Charlín como vicepresidente, Tamara Allo e Daniel Rey como secretarios e os vocais : José Antonio “Tanke”, Susi Lema, Begoña Pose, Alfredo Agra, Bea Costa, Alberto Rego, Javier Calo e Fran Lema “Feluxo”. Na foto están todos agás Tamara.
Os laxenses xa comezaron a traballar e ademáis de abrir a campaña de socios están a invitar a todos aqueles rapaces e rapazas que se queiran unir aos equipos. Para facerse socio os que queiran poden poñerse en contacto con eles nos teléfonos : 670 52 09 73; 650 07 25 13 e 696 16 68 35, todos eles con whatsapp, e tamén para os que queiran apuntarse aos equipos das categorías, biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil, así coma para a formación dun equipo feminino e o o senior masculino.
Pola sua banda no CF Castrelo queda deserta a diretiva a espera de novos membros, xa que Esteban Carballo “Estebo”, que era o Presidente, Gustavo Freire, (vicepresidente), Luis Roget, (tesoureiro e delegado de campo), e Paula Martinez, (delegada), fixeron un comunicado anunciando que non seguían : “Dende a directiva do S.D Castrelo, queremos informarvos a todos que a actual directiva presentamos a nosa dimisión. Moito o noso pesar deixamos a directiva do Castrelo. Foron moitos anos o frente deste equipo,nos que se disfrutaron moito. E aora chegou o momento de dar un paso a o lado. En primeiras liñas,agraceder a toda esa increible xente que nos axudou tanto físicamente, personalmente e ecónomicamente, sobre todo os nosos socios de moitos anos…MOITAS GRACIAS!!!”. Polo tanto ata que haxa nova diretiva o futuro do clube, formado por un grupo de deportivistas vimianceses, queda no aire.
-Foto : SD Laxe
-Texto e Foto Castrelo : Xosé Búa “Pirata”