O LATERAL DEREITO VASCO, ÁLEX PETXARROMAN, SEGUNDA FICHAXE DO DEPOR 2024/25.

 

Era un segredo a voces, e nunca mellor dito porque La Voz adiantou xa fai días as conversas co lateral dereito Álxex Petxarroman, criado na canteira da Real Sociedad, fichou polo Athletic Club, e primeiro cedeuno e despois fichou polo Andorra. Esta ven sendo unha fichaxe ao máis puro estilo Lendoiro, cando pescaba nos equipos que descendían de categoría. O caso máis extremo e que causou un salto de calidade extratosférico no Depor foi o “paquete” que trouxo a Valerón, Molina, Donato, e Capdevila, cando o Atlético de Madrid caeu a Segunda.

O Dépor fortalece o lateral dereito coa chegada de Alexander Petxarroman Eizaguirre (San Sebastián, 6 de febreiro de 1997), coñecido futbolísticamente como Petxarroman, para as 4 próximas temporadas. Tamén gaña altura pois o novo deportivista mide 1´79.

Formado na canteira da Real Sociedad, en 2021 firma polo Athletic Club. En San Mamés (temporada 2021-22) participa en 17 partidos en LaLiga EA Sports (Primera División).

A campaña seguinte é cedido ao FC Andorra de LaLiga Hypermotion e xoga 13 partidos, con 1 asistencia de gol. Após fichar polo conxunto andorrano, a pasada temporada (2023-24), tamén en LaLiga Hypermotion, participa en 31 partidos, 27 deles como titular, e anotou 1 gol.

En total, Petxarroman alcanza os 17 partidos en LaLiga EA Sports e 44 en LaLiga Hypermotion con 1 gol e 4 asistencias. Ademais, xogou 2 partidos en Copa del Rey, ambos co Ahtletic Club.

Petxarroman convértese na segunda fichaxe deportivista após Luis Chacón.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”