O LARACHA FC FICHA A ACHI E RENOVA A BOCIJA.

Achi no Suevos co novo adestrador, Rubén García.

 

O mediocentro Achraf Belkalcha (19/11/1997) convértese na cuarta fichaxe do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia.

Achi, de 24 anos, procede do Suevos, equipo no que coincidiu co adestrador Rubén García e no que conseguiu o ascenso a Segunda Galicia hai pouco máis dun mes. Anteriormente xogou no Club do Mar de Caión e, en fútbol basee, no Atlético Arteixo, o Cerceda e o Calasanz.

O mediocentro defensivo natural de Arteixo é un coleccionista de ascensos xa que subiu de categoría en cinco ocasiones, tres delas con Rubén como adestrador: co Atlético Arteixo a Liga Galega Cadete, co Cerceda a Liga Galega Xuvenil, co Calasanz a Liga Nacional Xuvenil, co Club do Mar a Primeira Galicia e co Suevos a Segunda Galicia.

 

O lateral dereito Adrián Bocija Villaverde (3/3/2002) convértese na novena renovación do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia.

Bocija incorporouse á disciplina do Laracha Club de Fútbol o pasado verán procedente do San Tirso, onde desenvolveu gran parte do seu ciclo de fútbol basee conseguindo varios ascensos a Liga Galega.

O lateral de 20 anos que tamén se pode adaptar á posición de central dereito xogou unha tempada no Deportivo en categoría cadete.

Bocija foi un dos tres xogadores do persoal da pasada tempada (xunto a Gabri e Totó) que entrou en todas as convocatorias de partidos oficiais (35) do equipo (22 na primeira fase da Preferente Autonómica, 8 na fase de permanencia e os 5 da Copa da Coruña) participando en 30 deles.

-Fotos e Texto : Laracha CF