O La Fontana campión da Copa da Liga de Futsal de Cee o derrotar na final o Altamira, (1-4).

Durante a noite do pasado sábado 16 de maio do 2026 e a madrugada do Domingo, “Día das Letras Galegas”, tal e como xa vos informamos na previa xogábase a Copa da Liga de Futsal de Cee. Non houbo tempo para o aburrimento, pero había unha banda do cadro na que se podían enfrontar dous dos favoritos e así foi, o Nueva María Teresa e o La Fontana víanse as caras en semifinais e o encontro dou emoción ata que sonou a buxina, 5-6 para o La Fontana dous dos equipos que xa deron todo o inverno salsa a liga e calquera dos dous puido ser campión.

Altamira FS

No outro lado do cadro o claro favorito era o campión de liga, Altamira FS, que a pesares de ser un dos favoritos tivo que suar para pasar a final ante o Atlético Raices, (6-3).

Xa na final o La Fontana campión da liga fai un par de tempadas tomouse a revancha e derrotaba na Gran final ao Altamira FS por 1-4, proclamándose campiós os “pizzeros” da Copa de Futsal de Cee.

“A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o La Fontana”

.

-Fotos : Javi “Marroko”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”