O KELTOI DE VIGO GAÑADOR DA “COPA DA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL GAÉLICO” NA GRAN FESTA EN MAZARICOS.

Celebración do Keltoi no Pedra d´ouro de Pino do Val.

 

O Keltoi de Vigo fíxose ca “1ª Copa da Asociación de Fútbol Gaélico”, que orgañizou o Concello de Mazaricos e o CF Mazaricos, e que tal como vos adiantamos a pasada semana xogouse durante toda a xornada do sábado nos campos A Picota e o Pedra d´ouro, no concello mazariquense.

 

Jorge Villar, (der), entregando a copa o Keltoi.

 

Unha xornada “inexquecible”, tal e como apuntaba op conselleiro de deportes mazariquense, Jorge Villar “Gorrión”, un dos artícifes de que se xogara por primeira vez este deporte na Costa da Morte.

Nesta primeira tirada da Copa tomaron parte : os Fillos de Breogán, Estrela Vermelha, Keltoi, Lume de Beltane, Cambados, Auriense e un combinado formado por xogadores do Irmandinhos e Herdeiros de Dhais, así coma o CF Mazaricos, formado para esta ocasión.

Na final impúxose o Keltoi ao Fillos de Breogán, 7-24. Polo terceiro posto loitaron o Irmandinhos e o Cambados Gaélico, empoataron 3-3 no encontro e quedou terceiro tralos penaltis o Irmandinhos. Nas semifinais o Fillos de Breogán derrotou 7-1 ao Irmandinhos e o Keltoi Vigo derrotou 17-6 ao Cambados Gaélico. 

 

Equipo do CF Mazaricos

 

 

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia.es 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies