Todo está preparado para que o Campo Municipal das Eiroas, en Carballo, viva unha intensa xornada de fútbol, convivencia e solidariedade coa celebración do II Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos “Costa da Morte”, organizado polo Cances CF e coa colaboración do Concello de Carballo, Carballo Deporte, Calvo, Bar Xinea e LM Sport & Fitness.
Como xa contamos en piratasdemuxia.es cando se presentou o evento, non será un torneo máis. O obxectivo principal vai moito máis alá do deportivo, xa que toda a xornada servirá para colaborar co proxecto solidario “Mi Princesita Rett”, unha iniciativa que traballa para dar visibilidade e recadar fondos na loita contra a Síndrome de Rett. Durante o torneo estarán presentes varias nenas afectadas por esta enfermidade, entre elas Daniela, a cara máis coñecida do evento carballés, acompañada doutras familias que tamén conviven con esta dura realidade.
Ademais do espectáculo futbolístico, As Eiroas converterase nun auténtico punto de encontro para afeccionados e participantes, cun ambiente de festa durante todo o día, xantares de confraternidade e numerosas actividades arredor dunha cita que une deporte e solidariedade.
-12 equipos buscarán o título-
Nesta segunda edición participarán 12 equipos, repartidos en catro grupos:
Grupo A
Amigos de Celeirós
A.C.D. Bombeiros Narón
Deportivo Carballo
Grupo B
S.D. Oza
Veteranos Medial C.F.
F.C. Rossonero
Grupo C
Racing Clube de Portugal
Veteranos León
Canarinhos
Grupo D
Veteranos Zamora
San Román C.F.
La Morocha
A competición comezará ás 9.00 horas e desenvolverase de maneira ininterrompida durante toda a xornada.
Primeira quenda
09.00 h: A1-A2 | B4-B5
10.00 h: C7-C8 | D10-D11
11.00 h: Perdedor B-B6 | Perdedor A-A3
12.00 h: Perdedor D-D12 | Perdedor C-C9
13.00 h: Gañador A-A3 | Gañador B-B6
14.00 h: Gañador C-C9 | Gañador D-D12
Segunda quenda
16.30 h: 1A-6B | 4B-2A
17.30 h: 11D-8C | 3A-5B
18.30 h: 7C-12D | 10D-9C
A fase decisiva arrancará ás 10.00 horas con partidos de clasificación en ambos campos.
Ás 12.30 horas disputaranse as semifinais e ás 13.15 horas os encontros polo terceiro posto.
A gran final está prevista para as 14.15 horas, mentres que ás 15.00 horas terá lugar o derradeiro encontro da xornada, poñendo o broche a un intenso fin de semana de fútbol.
O II Torneo Internacional de Veteranos “Costa da Morte” consolídase así como unha das grandes citas do fútbol afeccionado da comarca, reunindo equipos chegados de diferentes puntos de Galicia, España e tamén de Portugal. Pero, por riba dos resultados, o máis importante volverá ser a solidariedade. Cada gol, cada aplauso e cada asistencia servirán para dar máis visibilidade ao proxecto “Mi Princesita Rett” e seguir apoiando ás familias que conviven coa síndrome de Rett, demostrando unha vez máis que o deporte tamén pode cambiar vidas.
–
AVISO IMPORTANTE
“Nesta época estival tan só iremos poñendo os torneos, renovacións, fichaxes, amistosos, etc, que os orgañizadors, clubes, afeccionados, socios, etc…nos envíen, tal e como xa vimos facendo nos derradeiros anos, para evitar o de que se poñemos uns e outros non.
Podedes mandarnos a información, fotos, vídeos, etc, o noso Whatsapp : 626 72 00 47 ou polas canles que temos na parte de abaxio da web en calquer noticia ou na portada”.
–
-Foto e información : A orgañización
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”


