O Hierros Varela Urbieta Xiria deu inicio a Copa Galicia cun emocionante empate ante o Teucro.

 

Emoción total a que se viviu no Vila de Noia durante o debut do Hierros Varela Urbieta
Xiria, quen logrou un empate ante o Teucro nun encontro que puido caer para calquera
dos dous lados nos últimos intres.

Hierros Varela Urbieta Xiria 26-26 SD Teucro

Hierros Varela Urbieta Xiria (12+14): Lucía Lema (p), Valeria Figueroa, María Patiño,
Nerea Varela Vila, Nina Pereira, Natalia Cancela, Lara Souto, Nerea Varela Balsa, Leticia
Santos, Lara Otero, Marta Gómez, Elena Collazo, Alba García e Nerea Pose.

SD Teucro (11+15): Raquel Castro, Antía Fernández, Abilia Alonso, Mara González,
Aroa Vieitez, Marta García, Rosalía Justo e Naira González.

Marcador cada 5 minutos: 2-2; 4-3; 6-5; 7-7; 8-9; 11-10 (descanso); 13-14; 16-17; 19-20; 21-22; 23-24; 26-26.

Árbitros: Christian García Fernández e Iván Hernández Couto; e Leticia Álvarez Campos
e Francisco Camiño Pérez como cronometradores; todos eles do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada do Grupo B da Copa Galicia
xuvenil feminino disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).

As nosas comezaron o encontro moi enchufadas e iso fíxose notar no xogo do equipo
tanto a nivel ofensivo como defensivo, algo que lle permitiu correr ás rapazas de Manu
López nas accións de ataque; mentres que en defensa mostraron unha gran solidez o que lle dificultou e moito as cousas ao cadro pontevedrés.

Aínda que non todo foi de cor de rosa para o conxunto local, xa que no ataque posicional
non acababa de lograr o ritmo adecuado que lle permitise crear accións claras de
lanzamento. A pesares disto, o Hierros Varela Urbieta Xiria logrou marcharse ao tempo de lecer con vantaxe de +1 no marcador.

Tralo paso por vestiarios, o ritmo durante os primeiros dez minutos da reanudación foi
frenético e ademáis a intensidade defensiva das carballesas foi baixando e iso fixo que o
Teucro lle dese a volta ao marcador. Pero as rotacións realizadas por Manu López fixeron efecto e o equipo repúxose para manter a igualdade no marcador.

A garra das locais fixo que iso se mantivese ata o último minuto, o cal foi de auténtico
infarto. Primeiro, o Hierros Varela Urbieta Xiria tivo unha gran oportunidade para
poñerse por diante no marcador pero o lanzamento foise desviado e na seguinte acción,
o Teucro contaría cun golpe franco xa co tempo cumprido que sería repelido polo
longueiro, habendo desta forma un empate que deixa moi bo sabor de boca en terras
carballesas.

-Foto e Texto : Comunicación Balonmán Xiria

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies