O GUIJUELO AGRADECE PUBRICAMENTE O TRATO RECIBIDO POLO RC DEPORTIVO.

 

Con todo o que fixo, e dixo nas verbas do seu mandatario e ex adestrador, o Fuenlabrada non agradeceu o trato recibido plo RC Deportivo e o seu servizo médico, na persoa do doutor Carlos Lariño, que estivo atendendo os xogadores madrileños en todo intre en canto estiveron na Coruña. Pero nesto do fútbol tamén hai xente humilde, honrada e agradecida e uns deses son os responsables do CD Guijuelo, que a pesrares de que se están a xogar todo, e van de derradeiros, e tras perder na Coruña non se conformaron con agradecer o trato recibido antre portas, fixéron pubricamente nas redes socias : 

“Queremos agradecer pubricamente o trato recibido o poñer a nosa disposición os seus SERVIZOS MÉDICOS para facer as probas necesarias os nosos xogadores lesionados e estar en todo intre pendentes da sua evolución.Club Señor!”.

O RC deportivo comparteu o seu chío coa contestación : “Nada que agradecer CF Guijuelo. Razón de corazón”.

Así debe ser o fútbol, e non a mafia que hai montada no fútbol profesional onde ante as inxustizas que sufreu o RC Deportivo, todos miraron para outro lado, e os que lle deben favores ainda apoiaron o inquisidor.

-Foto : Twitter RC Deportio

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies