Esta tarde reúnese a diretiva do RC Deportivo, un dos asuntos sobre a mesa de seguro que será a continuidade, ou non, de Borja Jiménez.
O técnico deportivista, xa estivo en dúbida na mala racha do equipo a comezos da segunda volta, ademáis con campaña orquestada por un medio de comunicación. O mes e medio de baixón do equipo, tras unha primeira volta inmaculada, fixo que ao Santander, que fixo unha segunda volta de vértigo, se escapase moita leguas, e con él a opción do ascenso direto para o noso clube.
Asegurouse a segunda praza, e parecía que estaba todo de cara. O equipo colleu de novo a chispa, o Play-Off xogábase en Riazor, e tras golear ao Linares, nun encontro con resultado enganoso, pasouse a unha final, na que ata o Albacete conprou 3000 entradas para 500 siareiros, e que Riazor tivese menos apoio.
Todo se puxo de cara aos 25 minutos de xogo, cando Juerguen filtraba un pase e Soriano, poñía en ventaxe aos nosos. Non foi quen de ampliar a conta o noso equipo, pero chegou un minuto fatídico, o 81´. Borja Jiménez, ante a incredulidade de todo o estadio, e os que o puideron ver por televisión, sacaba do campo a Alberto Quiles, con 20 goles o máximo artilleiro da liga, e a Jueguen Elitím, o máximo asistente da liga, e a ialma do Depor no medio do campo, a hora de crear. Todo isto cunha falta preto do noso área, escoarada a esquerda.
O Albacete sacaba e Alberto acadaba o gol do empate, con 8 minutos, máis desconto por diante.
Era un clamor na grada, e despois do encontro en tódalas conversas : “Ata un adestrador que acaba de sacar o carnet sabe que non se debe facer un troco, antes dun saque de curruncho, un penalti, ou unha falta nas inmediacións do área”, e Borja Jiménez, nun groso erro, fíxoo, e as consecuencias foron gravísimas, gol visitantes, e sen as mellores armas ofensivas.
O troco e o empate auguraban o que logo pasou. Na segunda metade da prórroga, gol, de novo a balón parado dos albaceteños, que se levaron un ascenso que non se creían, antes de xogarse o encontro, nen os máis ferventes siareiros.
O gravísimo erro do adestrador deportivista, tivo unhas consecuencias nefastas, e poden ter outras peores para él mesmo.
Borja Jiménez, foi contratado para ascender, deuselle unha plantilla a sua disposición, pedida como se fose na carta dun restaurante, pero o que podía ser un ascenso nun Play-Off, converteuse nunha aciaga espera de un ano máis, que varios xogadores troquen de aires, e a distitución do abulense.
O presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro subliñaba trala decepción do sábado que : “desde o vindeiro luns retomamos o noso traballo. Estamos cunha enorme ilusión para seguir tomando as mellores decisións, para mellorar día a día todos os aspectos do Deportivo e lograr conseguir ese obxectivo irrenunciable que é a volta ao fútbol profesional”.
E reiteraba o : “absoluto respaldo que temos para seguir adiante por parte do primeiro accionista do Deportivo e convencido dos máis de 22.000 accionistas que forman tamén parte do capital para tratar de adoptar esas mellores decisións que nos leven a recuperar ese nivel futbolístico que a a nosa afección, e A Coruña se merece. Estou convencido de que viviremos moitas tardes de fútbol inesquecibles aquí en Riazor e volveremos reescribir a gran historia que o Deportivo se merece”, comentaba Couceiro.
Agora falla saber o que decida a diretiva, a continuidade de Borja, ou a sua destitución.
A nosa aposta en caso de destitución, témola clara, creemos que o mellor sería Óscar Gilsánz, un home da casa, completamente preparado, e que ten a ventaxe que coñece toda a base, e sabe o que lle poden aportar, a fermosa campaña de canteira que temos, con varios xogadores do Fabril, e do xuvenil, que chaman a porta con forza.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia