Michael Trillo xunto a outro dos iconos do Muxía CF, “Conguito”.
Antes o fútbol da costa, nos equipos propiamente costeiros, nutríase de xente do mar. Xente que traballando tódlos días da semana facía o que o barco e o tempo lles deixara para poder estar para xogar. En moitos casos, saltar do barco e ir para o campo, ou acabar o encontro e escapar para embarcar e sair para o mar. Verdadeiros heroes que loitaban polas cores do seu pobo. As veces as rivalidades do mar saltaban o campo, ou as do campo saltaban o mar. Gracias a Deus, todo esto trocou e xa non se vive para traballar, senón que se traballa para vivir, e aquelas trifulcas e rivalidades son meras anédotas.
Os mariñeiros déronlle aos seus filllos estudos, e xa non existe aquela rivalidade, e moitos dos pobos, (como é o caso de Muxía), quedan, e quedaron sen xente para ir o mar, e a rapazada na grande maioría traballa en terra. Isto fixo que sexan contados os mariñeiros que xogan o fútbol, principalmente porque xa son minoría.
O Muxía CF conta con un mariñeiro nas suas filas, cando antigamente eran todos, ou cáseque todos. O equipo muxián, ten nas suas filas, a un dos mellores centrais que deu o fútbol costeiro, Michael Vilela Trillo, (05/12/197), un mariñeiro que é o 2Gran capitán” do clube, ademáis de ser capitán da sua embarcación.
Un xogador que comezou nas filas do equipo da Vila da Barca, pero que é máis que coñecido en todo o fútbol costeiro. Xogou no CamariñasFC, 4 tempadas cun ascenso a 1ª Autonomica
, no Soneira SD, 4 tempadas, as 2 primeiras en Preferente e duas en 1ª Autonomica, sendo campión nunha delas e ascenso a Preferente, ademáis de ser finalista na Copa da costa, na que caeron nos penaltis co Xallas FC.
Co Muxia CF, foi campión da 3ª da Costa, e consecuente ascenso a Liga da Costa, tras un periplo dunha década dos muxiáns sen acadalo.
Michael que ven de darlle o “si” un ano máis ao equipo do seu pobo, di estar : “Moi contento por poder axudar o equipo un ano máis”.
E a pesares de ser un indicutible, amosa a sua humiladade decindo que : “Mentras o mister conte conmigo penso seguir, ainda que sea ata os 40”, pero tamén é realista e sabe o duro que é compaxinar o cansanzo do mar, cabila que : “Coa miña idade ten que pensarse ano a ano, porque unha lesión grave sería definitiva”, pois xa sabe o que é pasar por iso, pero con menos anos.
O Muxía CF estase a amosar coma un dos mellores da costa e só un sistema de competición asqueroso, criticado por todos, evitou que este ano non ascendesen, e o que é máis duro, por golaveraxe e sen poder enfrontarse ao rival direto.
Michael valora o grupo humán que ten o seu equipo como clave do que veñen facendo : “Somos unha piña, pode sonar a tópico pero máis ca un equipo, somos unha familia. Despois de facer unha tempada e unha fase de ascenso espectaculares, chegou a Copa e seguimos coa mesma dinámica, si gañamos esta semana estaremos en semifinais, (algo que só os máis vellos lembran), e estou seguro que imos deixar todo no campo, e a partir de aí o que teña vir vira”.
Michael Vilela, é un dos poucos mariñeiros do fútbol costeiro, é un dos míticos da costa, xa sen deixar de xogar. Un xogador moi valorado e querido pola afección, polos que o tiveron como compañeiro e como rival. De aí a sua renovación sen acabar a tempada.
-Foto e Texto : piratasdemuxia