A canle deportiva Footters que trasmite a 1ª RFEF, que tamén leva o seu nome, fixo durante o pasado mes de Nadal unha enquisa sobre cal foi o mellor gol do que vai de liga nos encontros que retrasmitiron, pouco a pouco foron facendo unha criba ata que quedaron 5 goles, antre eles o espectacular gol que Juan Carlos Menudo lle fixo na primeira xornada de liga ao C,Vigo B, ao final, este gol sería o vencedor.
No derradeiro treito das votacións quedáronse na loita polo mellor gol, Menudo e Kun Temenuzhkov, do Real Unión de Irún. Este último gañaría nas votacións de Twitter cun 58,2% dos votos polo 44,2% do deportivista, pero a vitoria caería do lado do xogador branquiazul polos votos de instagram, nos que él sacaba un 64% dos votos, por un 36% do xogador do equipo irundarra.
Juan Carlos Menudo agradecíalle desta maneira os que votaron o seu gol : “Muchas gracias a los que habéis votado, bonito premio Footters!!. Seguiré trabajando junto a mis compañeros para intentar conseguir lo mínimo que merece este año el Deportivismo”.
O Depor o máis seguido en Footters
Decir, e tal como apuntaba o directivo, Villasuso, na Asemblea Xeral de Socios Accionistas do RC Deportivo, que o Depor está a ser con diferenza o clube máis seguido en Footters cun 30% da audiencia total dos encontros dos dous grupos. Ademáis o RC Deportivo é o que máis afeccionados move a outros campos, así coma o que máis xente asiste o seu campo. Os siareiros deportivistas, que son maioría nos aboados da canle deportiva, tamén ven encontros dos rivais do Depor. Esto pouco redundará no que recibirá o clube da televisión, habida conta que o reparto que se elixeu, non beneficia o de máis audiencia, como pasa nas ligas profesionais.
Volta o traballo de cara a un mes de Xaneiro con dentes de serra
O equipo comezará a preparar o encontro ante o CD Talavera en Riazor do 9 de Xaneiro a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), mañán luns, logo comezará un calendario con dentes de serra. Descansará o seguinte fin de semana antes de visitar o DUX Internacional, o 23 de Xaneiro, no derradeiro encontro da 1ª volta, para logo 3 días despois, (o 26), visitar ao Zamora CF, entre semana, e 4 despois, o 30 de Xaneiro, recibir o Racing de Santander en Riazor.
O Fabril retoma hoxe os adestramentos
O filial deportivista que adestra Óscar Gilsánz, comezou os adestramentos o día 3o de Nadal, repiteu o 31, e descansou no día de onte, para retomar os adestramentos hoxe a partires das 18:00 horas en Abegondo.
A próxima cita ligueira para o filial deportivista será o xoves 6 de xaneiro ás 18:00 horas na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, en partido correspondente á 14ª xornada aprazado no seu día por un caso de COVID-19 no equipo ourensán.
-Foto : RC Deportivo
-Vídeo : Footters
-Texto : piratasdemuxia