O goberno local afianza a súa relación coa directiva do C.F Muxía, mantendo xornadas de traballo periódicas e produtivas.

Olalla, Iago, Isma e Juan José na xuntanza.

● O alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, reuníronse co presidente do CF Muxía, Juan José Busto e o xogador e membro da directiva, Ismael Pose, reforzando a boa sintonía entre ambas institucións.

● “A idea destes encontros é seguir traballando conxuntamente para que Muxía poda contar cunha das mellores entidades deportivas da comarca”, destacou Toba.

● Ademais, o Concello seguirá apostando pola escola de fútbol e dotando de melloras ao campo da Arliña, aportando mobiliario e material de obra.

O equipo de goberno do Concello de Muxía continúa coa súa aposta polo deporte local e segue a manter un contacto permanente co CF Muxía para traballar conxuntamente e poder construír unha das mellores entidades deportivas da comarca.

Nesta ocasión, reuníronse o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, xunto co presidente do CF Muxía, Juan José Busto e o xogador e membro directiva, Ismael Pose. No encontro acordouse seguir dotando de melloras ao Campo da Arliña, aportando mobiliario e material de obra. Ademais, concretáronse distintos aspectos do convenio entre ambas institucións polo cal o Concello de Muxía concede unha cantidade de 35.000€ ao club de fútbol para que poda para manter e xestionar a escola de fútbol da vila.

“Unha das iniciativas que xurdiron en ocasións anteriores entre goberno local e directiva do club é a de manter encontros continuos para traballar conxuntamente en ter un dos mellores clubs de toda a Costa da Morte, e así está a ser”, afirmou o alcalde, Iago Toba. Un club de familia e de futuro

Tras esta reunión de seguimento, Toba quixo destacar “o gran traballo que está a  a directiva cos xogadores, xa que non só se está a converter nun club de fútbol referencia senón que están traballando a reo para converterse nunha familia; transmitindo valores, compañeirismo e paixón polo que se fai”.

Un dos feitos que confirman esta liña positiva de traballo é o mural que se ven de inaugurar no campo da Arliña. Un mosaico con alusións aos capitáns, as cenos de identidade do club e a súa imaxe.

Esta novo mural que decora as paredes do estadio foi inaugurado polos xogadores Michael Vilela Trillo e Jose Sar, que tamén contou coa presencia de máis compoñentes club, así como membros da directiva e o propio alcalde de Muxía, Iago Toba.

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Muxía

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies