O Garaysa Xiria comeza a pretempada con boas sensacións.

 

O equipo dirixido por Jorge Bouzas iniciou a súa pretempada ante un gran rival como é
un BM Culleredo máis rodado ca os carballeses e que acabaría levándose a vitoria nun bo partido de ambos conxuntos.

BM Culleredo 29-25 Garaysa Xiria

Primeiro partido amigable para un Garaysa Xiria en inicio de rodaxe para afrontar unha
nova e ilusionante tempada, no que os verde e negros viaxaron ata terras cullerdenses
para afrontar un esixente test ante o conxunto local.

Despois de tres meses de inactividade competitiva, os rapaces de Jorge Bouzas saltaron á pista e fixérono cun pouco de nerviosismo, algo que se notou tanto en ataque coma en
defensa e de aí que se chegase ao tempo de lecer cun 17-13 a prol dos locais.

Pero o paso por vestiarios fíxolle moi ben a un Garaysa Xiria que non só mellorou a súa
imaxe, senón que logrou igualar o partido e poñer o empate a 20 no marcador, en parte
grazas a unha maior intensidade defensiva e a un amplo acerto en ataque.
Aínda que no tramo final, o esforzo realizado polos carballeses fixo mella e o BM
Culleredo aproveitaría a tesitura para lograr a vitoria final por 29-25.

-Foto e Texto : Comunicación Garaysa Xiria