O GALEGUIZADO DO NOME DO RC DEPORTIVO DA CORUÑA CADA INTRE MÁIS PRETO.

Son moitos anos participando en diferentes campañas pedindo que se fixese xustiza co EQUIPO DE GALICIA  e que se trocase o toponimio do clube e pasalo ao galego. Só era sacar unha “L” pero costou e moito, campañas de petición, cartas, artigos, pancartas, enquisas, requerimentos das peñas, etc…nunca se moveu unha pedra por parte de ningún presidente, e agora o venezolano nado en Madrid pero con alma galega, o que nos salvou de desaparecer e que está facendo crecer o clube, (pese a quen lle pese), primeiro fixo unha enquisa antre os que somos socios, para agora estar facendo os trámites necesarios para ese troco como antes noutras comunidades fixeron moitos.

Neste país trocar un nome é moi complicado, (a menos que veñas de China), ven o sabemos os que vivimos en Muxía, Laxe ou Arteixo, (por exemplos), que seguimos recibindo cartas institucionais con : Mugía, Lage ou Arteijo, a pesares de quedar só o toponimio en galego desde o 1986, pero Escotet se en verdade, como parece, o quer facer farao e será unha gran ilusión para os que somos galego falantes que somos a grande maioría dos socios do clube, de aí, (segundo trascendeu), que arrasou a consulta de que se trocase o galego.

Na foto dunha das campañas que fixemos da nosa peña fai 10 anos aparece no escudo dono “Real Cub Deportivo da Coruña”,  que sería a denominación escrita, pero o máis normal noescudo sería aparecer abaixo “A Coruña”, o estar separado de Real Club Deportivo.

.

-Foto e texto : Xodé Búa “Pirata”