Verdadeiramente é un orgullo ver o apoio unánime do fútbol modesto galego co atropello que sufreu o Depor ao que tras gilipendialo en xornadas anteriores e verse abocado a xogarse todo na derradeira xornada impideuselle loitar polo ascenso no campo en igualdade de condicións cos demáis, así como o fraudulento penalti que se lle regala o Albacete para que o equipo deportivista non se xogase nada ante o Fuenlabrada e metelo na promoción, baixo os intereses de Javier Tebas, cun fillo na diretiva e intereses probados no clube madrileño.
O RC Deportivo non está reclamando nada que non sexa unha verdade da que a LFP, RFEF e CSD son culpables e deberán pagar por iso, como unha persoa en Galicia ten que pagar sen rechistar se non leva a mascarilla e sabedor de que a ten que levar, e no aspecto deportivo, foron totalmente en contra das órdes ditadas, que son para todos, e caeron nun esperpento que perxudicou non só o Depor, senón que a outros equipos máis, coma o Numancia, Elxe ou Rayo.
As máquinas da LFP, RFEF e CSD xa comezaron a desvirtuar, pero esto non debe caer en saco roto, como xa fixeron con moitas outras cousas do deporte e do civil.
O noso maior agradecemento a tódolos clubes do fútbol modesto que defenden e apoian a inxustiza sufrida polo noso clube.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.