O FÚTBOL GAÉLICO DESEMBARCA POR PRIMEIRA VEZ NA COSTA DA MORTE CA DISPUTA DA “COPA ASOCIAICÓN DE FÚTBOL GAÉLICO” QUE SE DISPUTARÁ EN MAZARICOS O SÁBADO 26 DE MARZAL.

 

 

O Fútbol Gaélico estrearase na Costa da Morte

Era unha cuestión que se viña cocendo fai uns meses e o final deu o seu froito e xa temos a confirmación, a “Copa da Asociación de Fútbol Gaélico” disputarase o vindeiro sábado 26 de Marzal nos campo “A Pedra d´ouro” de Pino do Val, e no “A Picota”, ambos do Concello de Mazaricos.

Un grupo de amigos durante algún tempo, viñeron practicando o Fútbol Gaélico, e facendo xestións para que por primeira vez este fermoso deporte do que Galicia é unha das potencias mundiais, chegase por primeira vez a Costa da Morte, e o mesmo tempo, por amizade, e haber participado en algún equipo, tomaron a idea de facer un equipo. Este será o CF Mazaricos de Fútbol Gaélico, o primeiro destas carecterísticas na nosa bisbarra.

Os equipos que participarán nesta copa, ademáis do CF Mazaricos, serán : Fillos de Breogán, Keltoi, Estrela Vermelha, Cambados, Auriense, Irmandiños+Herdeiros de Dhais e Lume de Beltane.

Os encontros pola mañán no Municipal da Picota e durante todo o día no “Pedra d´ouro” de Pino do Val, no que será a Gran Final.

Fai anos trouxémosvos unha tempada enteira deste deporte da man dun dos xogadores do Fillos de Breogán, (A Coruña), e deixamos de dárvolo por cousas alleas a nosa web, e o quedar sen o profesional que nos ilustraba sobre o mesmo, ao que lle estamos enormemente agradecidos de ser o primeiro medio de comunicación en dar novas deste deporte dende a Costa da Morte.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia.