O fútbol foi inxusto unha vez máis co Bergantiños Feminino

Noe e Tamy, (Bergantiños), pugnan por un balón con Begoña, (Abella).

Bergantiños Feminino CF 2-3 SE Abella SDEC

-O fútbol foi inxusto unha vez máis co Bergantiños Feminino-

Retornou a competición tralo parón do “Entruido” ca 21ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 2, e as rapazas bergantiñanas recibía o 3º, SE Abella SDEC. Volveu a ser inxusto o fútbol cas rapazas carballesas e se antes do parón perdían pola mínima co lider Betanzos, (1-0), merecendo polo menos o empate, dista volta e ante un dos “cocos” tamén facían un encontro como para levarse a lo menos 1 punto. Puxéronse 2-0 na primeira metade, pero na segunda topáronse ca dianteira Laura Raña, que suma 17 tantos nesta liga e que decantou o encontro ca remontada.

Bergantiños Feminino CF 2-3 SE Abella SDEC

A visitante Laura Raña marcou as diferenzas e fixo que o fútbol fose inxusto cun Bergantiños que perdeu un partido que ao descanso gañaba 2-0 e que despois do visto os 90 min, un empate sería o resultado mais xusto.

Chegaba o Abellá ás Eiroas como terceiro clasificado e disposto a sacar os tres puntos para non escaparse na loita con Cambre e Abellá e atopouse cun Bergantiños cas ideas moi claras e coa intención de poñerlle as cousas moi complicadas.

Empezou o Bergan mais intenso en mediocampo e chegando a portería rival con ocasións moi claras pero se acerto por medio de Noe e Tamy. Puido sacar proveito o Abellá destes fallos xa que nos seguintes minutos disporían de duas ocasións clara salvadas por L. Sanche e Fra baixo paos. Á terceira foi a vencida para as carballesas e Tamy esta vez definía ben nun man a man a pase de Canosa e adiantaba ao Bergan no min. 28.

Poucas ocasión nos seguintes minutos , pero xusto antes do descanso Mery marcaba o segundo de tiro cruzado.

Os primeiros minutos da segunda parte foron de acoso das visitantes en busca de un gol que as metera no partido, pero as xogadoras de Gueli aguantaron ben as embestidas de Laura Raña, mellor xogadora no campo. Aínda puido ampliar a ventaxa Tamy se estivera acertada  en boca de gol a pase de Canosa. Xusto despois Alba recurtaba distancias ao transformar unha falta directa. Pouco despois Raña empataba o partido ao aproveitar uns minutos de debilidade defensiva das carballesas. Co empate no marcador Tamy desaproveitou un man a man que lanzou alto.

Nos últimos 15 minutos o resultado puido decantarse para calquer equipo, xa que os dous disporían de ocasións por medio de Laura Raña para as visitantes e Mery de falta e Noe ao pao nun remate de cabeza. A 5 min. para o final novamente Raña marcaba o 2-3 nunha indecisión da defensa carballesa. O Bergan intentaríao á desesperada nos últimos instantes pero po resultado xa non se movería.

Bergantiños Feminino CF :  Lara Sanchez, Martasa, Seo, Sabrina, Fra, Lore, Torrado, Noe, Mery, Canosa e Tamy. Tamén xogaron : Isa, Paula, Eva, Tania e Rabuñal

Goles : 1-0, Tamara, (27´); 2-0, María Insua, (38´); 2-1, Alba, (62´); 2-2, Laura Raña, (66´); 2-3, Laura Raña, (84´)..

Árbitro : Iván Vilanova Antelo.  Non amosou cartóns.

-CLASIFICACIÓN-

PRÓXIMO ENCONTRO
 
O Bergantiños Feminino CF na 22ª xornada visita na “Gandareira”, (Silleda), ao Bandeira SD, penúltimo clasificado con 3 puntos, os mesmos co colista UD Carral, o 17/03 a partires das 18:30 horas. 

Bergantiños Feminino CF

-GOLERADORAS BERGANTIÑOS-

-María Insua : 11

-Tamara : 9

-Noelia : 7

-Isa : 6

-Fra : 3

-Lucía : 2

-Alejandra : 1

-Laura : 1

-Lore : 1.

-PICHICHI LIGA-

-Laura Mosquera, (Touro SD) : 38, (3 de penalti)

-Tamara Varela, (SE Abella) : 25

-Paula Castañedo, (Sporting Cambre) : 24

-Noemi, (SD O Val) : 23, (1 de penalti)

-Silvia Soto, (Betanzos CF) : 21

-Lucia, (Sporting Cambre) : 18

-Blanca, (Betanzos CF) : 18

-Lorena, (CD Narón) : 18.

(Os goles son os que aparecen nos actas arbitrais da RFGF)

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-