Todo pasaría por delimitar a asistencia.
Estes días esta sobre a mesa a posibilidade de que os socios e afeccionados volten as gradas. Un debate que se está a polemizar tralo anuncio do UD Las Palmas a voltar con afeccionados nas suas gradas, así coma o Real Oviedo. Un feito que a noso entender si é posible, pero con condicionantes.
Nun mundo informatizado coma o que vivimos, un simple programa podería repartir os socios por asentos dispersos e con total seguridade. Un aforo limitado e co entendemento da situación que estamos a vivir por parte dos siareiros. Todo sería aceptar que non podemos ir a tódolos encontros, e ir cando nos tocase. Poderían estar xuntos os socios que son da mesma casa e habería que sair sen apuros e coas normas que se dictaran, evitando aglomeracións. O máis complicado deste sistema sería sempre que cada persoa fose consciente das prioridades que son salvagardar a saúde de todos, e actuar con corrección a hora de entrar e de sair gardando as distanzas.
Paises coma Suecia ou Noruega non precisaron de coartar as libertades das persoas con estados de alarma. O concienzamento da poboación bastou para evitar contaxios e minimizar as mortes ata o punto de sumar menos mortes en 3 meses ca España nun día.
Sí é posible voltar os campos, pero sempre co respeto de todos polas normas que se terían que dictar e co cumplimento riguroso das mesmas.
O fútbol sen afeccionados nos campos, tal e como se está a ver na liga alemana, é unha pantomima feita para os intereses económicos das televisións. Un evento descafeinado, sen espíritu, que da a sensación de estar deprimido e morto o mesmo tempo, nin é fútbol, nin é nada parecido.
Como socio, accionista do RC Deportivo e presidente dunha peña deportivista avogo por que se volte o estadio.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.