O FUENLABRADA E AS MÁQUINAS DE DESESTIBILACIÓN DA LFP SEGUEN QUERENDO TAPAR AS NEGLIXENCIAS FEITAS POR ELES.

 

A cada itre van aparecendo novas, comunicados e absurdas manobras de querer limpar o nome e a reputación do Fuenlabrada que xa tería que estar descendido e sancionado por todo canto leva feito. O informe de 45 páxinas do xuiz instructor da RFEF é claro e conciso e recolle cronoloxicamente todo canto se fixo mal a sabendas por parte do Fuenlabrada, o seu médico, Tebas e a LFP.

Nun contínuo “meter balón fora”, aparecen novas contradictorias a todas luces faltando a verdade. O galeno do clube madrileño que primeiro afirmaba que aconsellou a cuarentena do equipo ao haber contaxiados xa o sábado, ( encontro xogábase luns), agora dí que a idea de viaxar tomous porque se “cumplían os protocolos da Liga e do Ministerio de sanidade”. Agora agárrase ao de “donde dije digo, digo Diego”, e ademáis o parecer segundo informa a Federación de Peñas Deportivistas, fixo un lmpeiro na sua conta de Twitter para eliminar manifestacións que son en contra do que agora afirma.

pseudo-xornalistas coma Paco González e Isaac Fouto non paran de meter novas todas nunha crara intención de axudar a Tebas e ao Fuenlabrada, todas elas faltando a realidade e obviando a inxente cantidade de neglixencias que fixo o clube madrileño e tratando de emporcar o RC Deportivo. 

Saben quen matou o mordomo e a pesares das probas escandalosas que o delatan, buscan culpar a propia vítima de todo esto, que non é outra que o RC Deportivo, o fútbol e saúde pública.

O CSD e a RFEF deberían actuar de contado, (xa están tardando), e solucionar dunha vez este desaguisado, que causa vergoña en todo o mundo. Non lles temblou a man a todos eles, así como a LFP, que segue a defender o Fuenlabrada e detrimento do resto de afiliados implicados, con ataques a todos eles, nun craro partidismo dirixido con intereses propios.

 

Para os que queirades saber e ver todo o que infrinxeu o Fuenlabrada e Tebas, (para levalos presos e tirar a chave), aquí tedes o informe de 45 páxinas…Non ten desperdicio. cope-cdnmed.agilecontent.com/resources/pdf/

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es