O FSF VILLA DE CEE ORGANIZARÁ PARA OUTUBRO A VOLTA DA LIGA DE FÚTBOL SALA DE CEE.

O pavillón ceense será de novo escenario da liga de futsal.

 

Dende o FSF Villa de Cee, equipo máis alureado do futsal masculino da Costa da Morte, anunciannos que retoman a Liga de Fútbol Sala de Cee que se desenrrolará dende Outubro do 2023 ata Maio do 2024. A liga estará patrocinada por Suarea Productos do Mar, e coa colaboración do Concello de Cee.

Levarase unha rigurosa órde en canto aos equipos que se inscriban, que será un máximo de 14, e serán acollidos na liga os 14 primeiros en apuntarse. A prazo de inscrición remata o 12 de Xuño do 2023, os xogadores teñen que ser maiores de 16 anos. A competición coma no pasado, terá lugar no Pavillón Municipal de Cee os luns e mércores.

Alia denominarase Liga de Fútbol Sala Senior Cee “Suarea Productos do Mar”Poden informarse os interesados no tele´fono do clube, que ademáis conta con whatsapp, 679 012 595.

O FSF Villa de Cee está a tramitar os requisitos pertinentes para poder levar a cabo este importante evento deportivo.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/FSF Villa de Cee

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies