O FSF VILLA DE CEE NON SAIRÁ A COMPETIR A VINDEIRA TEMPADA.

O FS Villa de Cee na sua tempada máis prolífica, (2015/16).

 

Paso atrás para o futsal da Costa da Morte, tras anunciarse que o FSF Villa de Cee, masculino, non sairá a competir na vindeira liga da Preferente Norte. Si seguirán os equipos de base.

O noso colaborador e xogador ceense, Mario de José, que dende a fundación do clube no 2013 traíanos en numerosas ocasións a visión dos encontros dos ceenses, comentaba que : “Todas as etapas teñen un principio e un final,e esta é o fin dunha maravillosa chamada Villa de Cee. Fixemos unhas amistades que quedan intactas,e foi un placer competir con esa camiseta”.

O equipo ceense que estaba a piques de cumprir os 10 anos de vida, (como federados), chegou a competir na 3º División, e en cada categoría que estivo foi sempre un dos animadores da mesma, así coma nas competicións de Copa, as cales teñen nas suas vitrinas.

Un adeus, ou ata alogo, pero de momento esta tempada, e ao non conseguir os apoios necesarios, é un adeus. Para o ano xa veremos. A pandemia fíxolle moito dano tanto a este equipo, coma a moitos outros, o parón fixo que a crise se extendese por tódolos lados, como o fixo a enfermidade.

-Foto e Texto : piratasdemuxia