A Arliña recibe as suas primeiras copas senior.
Como xa vos informamos, este vindeiro Domingo 2 de Xuño do 2024 xogaranse no Municipal da Arliña, (Muxía), xogaranse as finais da copa da costa masculina e feminina seniors, a das rapazas a partires das 11:30 horas e a dos rapaces pola tarde a partires das 17:00. Para eleas virá un visitante pouco desexado, o forte vento. Un handicap pouco desexado, que asegura un día solleiro, pero que fai que os equipos non poidan desenrolar o seu fútbol de maneira perfecta. Este vento, un dos máis odiados pola xente do mar e que afecta a gran maioría dos pobos da costeiros na sua franxa marítima soprará pola mañán durante a final das mozas cunha iintensidade de 29 nós, o que equivalen a uns 50 Kms hora e con refachos de 60. Pola tarde no encontro dos mozos a velocidade do vento será un chisco máis forte, en torno os 34 nós, que en kms son uus 60 por hora, e con refachos que poden chegar os 70.
Visítados esta fin de semana o nordés, que non se quer perder as citas máis grandes do fútbol costeiro. No que se refire ao campo da Arliña, non lle afecta diretamente gracias o abrigo do Vilar, pero sí que afecta moito. Ademáis estamos ainda no treito final da primavera o que fará que canto máis vaian pasando as horas a temperatura irá caendo, en especial nas zonas que sopra o vento.
-Final Copa da Costa Feminina-
Xallas FC-CF Dumbría
-Día : 02/06/2024
-Hora : 11:30
-Campo : Municipal da Arliña
-LIX Copa da Costa-
CF Porteño-CF Dumbría
-Día : 02/06/2024
-Hora : 17:00
-Campo : Municipal da Arliña
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.