O FISTERRÁN, HUGO BALDOMAR DESPÍDESE DO RC DEPORTIVO TRAS 11 ANOS NA CANTEIRA.

 

Tarlas novas da renovaciión de dani Barcia ata o 2024 e a do meta hugo Ríos ata 2025, chéganos a mala nova da despedida do xuvenil, Hugo Baldomar, yn rapáz nado en Fisterra, que de moi neniño xa facía as delicias dos afeccioandos polos campos e polideportivos da costa. Hugo di adeus a 11 anos na canteira do RC Deportivo, acumulando unha morea de títulos oficiais e non oficiais co clube deportivista, así coma a participación na Youth League e na fase final da Copa de España, e agora tras a sua tempada no Xuvenil A do equipo branquiazul buscará o seu futuro lonxe de Abegondo. A nova chegou ca sua despedida nas redes sociais e que vos trascribimos en galego :

“Quería comunicarvos que 11 anos despois acáballeme a etapa de vestirme como branquiazul. Aínda así, sempre terei un oco no corazón para o meu equipo, porque crecín como un neno deportivista e tiven o privilexio de pertencer a este gran club histórico que seguro algún día volverá todo o máis grande do fútbol.

Vou satisfeito e feliz, porque quen me coñece sabe que son un mozo que se esforza como o que máis nas cousas que se propón. Houbo anos bos e anos mellores, pero sempre tentei facelo o mellor posible e gocei xogando ao fútbol.

Quérome quedar con todo o bo vivido todo ese tempo. Viaxes por todo o mundo, torneos desde LaLiga Promises ata a Uefa Youth League en Riazor, ligas gañadas, derrotas duras que realmente son as que che fan mellorar e, sobre todo, os compañeiros marabillosos cos que sempre coincidín. Seguro que algúns deles acompañaranme moita vida.

Agradecer aos adestradores, preparadores físicos, médicos, utilleros, limpadores, xente da residencia e do club que sempre estiveron aí para botarme unha man en todo o que necesitase. Á xente que dentro do fútbol fíxome madurar tamén como persoa e xogador. E sobre todo á miña familia e amigos, porque sempre me axudaron en todo momento.

Por último, podo dicir que tiven a sorte de coincidir con esta afección, mostras e mensaxes de agarimo sempre, e dicirvos que o sigades facendo con estas xeracións que nos seguen porque non todos os equipos poden dicir o mesmo. Agora toca empezar un novo camiño, Forza Dépor sempre.

O noso desexo de toda a sorte do mundo para hugo e que nun futuro o vexamos no primeiro equipo deportivista, pois calidade ten igual ou máis ca algúns que hoxe en día militan na plantilla do noso primeiro equipo, do que como ben di : “iven o privilexio de pertencer a este gran club histórico que seguro algún día volverá todo o máis grande do fútbol”.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Carta : Hugo Baldomar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies