O FISTERRA SUMA A SUA CUARTA COPA DA COSTA NUNHA FINAL TREPIDANTE ANTE UNHA ESTEIRANA QUE NON DESMERECEU EN NINGÚN INTRE.

 

SD Fisterra 2-1 SCDR Esteirana

A SD Fisterra sumou a sua cuarta Copa da Costa, (1979, 1997, 2014, 2022), nun encontro trepidante e no que a SCDR Esteirana fixo méritos como para que tamén se puidese alzar co trofeo, pero a definición marcou a diferenza, nun encontro trepidante, nun campo “A Fontela” que albergou a entorno aos 1.500 afeccionados.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman a SD Fisterra.

 

O choque minuto a minuto

1ª Parte

14’ | Ocasión clara de Raúl Lestón. Bo pase interior de Pablo Rama, recibe dentro da área en posición franca para rematar coa dereita sen oposición pero cústalle acomodarse e perde unha opción importante. 

26’ | Pase de Sui en profundidade á espalda de Breixo, ataca en diagonal Brais, saca remate duro ó primeiro pau. Desvía Bouzon a córner. 

27’ | Dereitazo duro de Elías desde a esquerda nun movemento hacia dentro. Remate moi centrado que desvía Bouzón sen moitos apuros.

31’ | 1-0. Makaay. Erro da Esteirana na saída de balón en curto. Boa presión de Cea a Pablo nunha zona perigosa. O balón quédalle a Julián, que mete un balón interior para Makaay. O ‘7’ do Fisterra aproveita que os centrais de Esteiro estaban moi abertos para controlar e marcar practicamente a pracer coa esquerda.

34’ | Tiro coa zurda desde a dereita de Raúl que desvía Bouzon. 

37’ | 1-1. Raúl Lestón. Recibe en tres cuartos de campo facendo unha vez máis moito dano a Breixo e saca un zurdazo a media altura que sorprende a Iván Bouzón, que puido facer máis para evitar o gol. Gran disparo de Raúl, pero erro de Bouzón.

41’ | Ocasión moi clara de Elías. Centro co exterior da esquerda de Raúl Lestón e remate no segundo pau ó lateral da rede.

2ª parte

51’ | Diego Estévez ao pau. Recibe na frontal escorado na dereita, orienta hacia dentro e saca tiro raso coa zurda que da na madeira.

53’ | Ocasión de Estévez. Pase interior de Julián tras recibir de Makaay habilitando a Diego Estévez, que se mete case en área pequena e, ante MJ, cruza en exceso nunha opción inmellorable.

54’ | Ocasión de Casais. Centro raso desde a dereita de Makaay, aparece no segundo pau Casais para rematar con pouco ángulo. A defensa da Esteirana desvía a córner.

66’ | Ocasión de Casais. Recibe en esquerda, conduce hacia dentro e saca trallazo coa esquerda buscando o segundo pau que non encontra porta por pouco.

72’ | Gol de Casais. Centro coa esquerda desde a dereita. O balón chega ao segundo pau, Casais anticipa a Sui para rematar coa dereita. Imparable para MJ.

74’ | Oliver á trabe. Pase de Calcaño de Raúl Lestón para Sui e este en profundidade para Oliver, que ataca a espalda de Breixo e, diante de Bouzón, saca un dereitazo que impacta na trabe.

93’ | Man a man de Lobelos con MJ que resolve ben o porteiro da Esteirana.

FISTERRA (1-4-2-3-1): Iago Bouzón; Aarón Lobelos, Aarón Fernández, Aarón López, Breixo; Cespón, Cea; Diego Estévez (Richi, min.83), Julián, Víctor Casais; Makaay (Alberto Vía, min.86). 

ESTEIRANA (1-4-2-3-1): MJ; Sui, Samuel, Tobío, Simón; Oliver (Pachín, min.86), Adrián Abelleira (Louro, min.75); Raúl Lestón, Pablo Rama (Dani Corniños, min.60), Elías (Farinós, min.86); Brais.

GOLES: 1-0, min.31: Makaay. 1-1, min.37: Raúl Lestón. 2-1, min.72: Víctor Casais.

ÁRBITRO: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Samuel, da Esteirana, con cartón vermello directo, no minuto 93. Amonestou a Aarón López (64), do Fisterra; e a Damián (39), Elías (81), da Esteirana.

CAMPO: A Fontenla, (Santa Comba)

 

A ANÁLISE DE RUBÉN GARCÍA

(Adestrador do Laracha CF)

Resumiría a final da Copa da Costa, a cuarta que conquista a Sociedade Deportiva Fisterra, en sete claves. Sete é o número que leva Adrián Makaay, o capitán de Fisterra, e sete son tamén os goles que marcou no torneo, incluido o da final que significou o 1-0.

1. Propostas tácticas similares. Fisterra e Esteirana encararon a final con dúas propostas semellantes. Ambos equipos apostaron polo 1-4-2-3-1; no equipo fisterrán con Julián na mediapunta e no de Esteiro con Pablo Rama nesa posición. Nos primeiros minutos, o conxunto de Juan Porrúa asumiu o protagonismo do partido a través da pelota con saídas en curto desde a primeira zona con moita participación dos dous centrais (Aarón Fernández e Aarón López) e da parella de medios (Cespón e Cea).

2. O Fisterra sufriu na espalda dos laterais. Os principais problemas defensivos do Fisterra estiveron na espalda dos dous xogadores que formaron nos costados da liña defensiva. Nin Aarón Lobelos nin Breixo (que ademais tivo que xogar a perna trocada) son laterais e a Esteirana aproveitouno para profundizar cos seus dous extremos (Raúl Lestón e Elías), que crearon practicamente todo o perigo ofensivo do conxunto de Esteiro.

3. A pegada dun equipo de superior categoría. Coincidindo cos mellores minutos de xogo e ocasións da Esteirana, o Fisterra demostrou a súa categoría e, sobre todo, a súa pegada. Tal vez a Esteirana, que estaba a atoparse cada vez máis cómoda no partido, pecou de exceso de confianza nunha saída de balón en curto despois de que as primeiras foran directas por parte de MJ. Cea saltou a apretar a Pablo Rama, que perdeu a pelota. Julián fixo o seu (asistir) e Makaay o seu (definir).

4. Golazo merecido da Esteirana. Por unha proposta valiente ante un equipo de dúas categorías máis e, sobre todo, por ocasións claras, a Esteirana non merecía chegar ao descanso co marcador en contra. Raúl Lestón, o futbolista con máis influencia no xogo ofensivo dos 22 que estaban no campo na primeira metade, recibiu en tres cuartos de campo e marcou un golazo coa esquerda sorprendendo a Iván Bouzón.

5. O mellor Fisterra, tralo descanso. Os mellores minutos do Fisterra na final da Copa da Costa foron os primeiros vinte do segundo tempo. O equipo de Juan Porrúa xogou en campo contrario, impediu que a Esteirana estivese cómoda coa pelota e creou ocasións de gol de todo tipo: pola dereita, pola esquerda, con pases interiores de Julián, a balón parado… O conxunto fisterrán despregou o seu mellor fútbol nun comezo de segunda parte no que inclinou o campo hacia a portería de MJ.

6. Xuventude, frescura e verticalidade por fóra. Dous xogadores sénior de primeiro ano foron titulares na final de Copa. Diego Estévez pola dereita e Víctor Casais pola esquerda foron dous puñais que fixeron que tanto Suizo como Simón, laterais da Esteirana, tivesen que estar máis pendentes da fase defensiva que da ofensiva. Na segunda metade, a medida que o cansancio facía que lle pesaran as pernas a todos os xogadores do campo, Estévez e Casais fixéronse notar máis aínda gracias á súa xuventude, frescura e verticalidade.

7. A última gran ocasión da Esteirana. O 2-1 non era un marcador co que o Fisterra pudiese confiarse, pero foi capaz de controlar o encontro sen sufrir grandes ocasións por parte da Esteirana. A máis clara chegou no minuto 74, de novo cunha situación exterior na espalda de Breixo. Interviron Raúl Lestón, Sui e Oliver, que mandou un zapatazo á trabe. Nos últimos minutos, a Esteirana apostou polo xogou directo e nese contexto os dous Aaróns, Fernández e López, xa non é foran dominadores na final: defendendo balóns frontais son futbolistas ‘TOP’ en Preferente, incluso nunha categoría superior.

E así morreu a final, coa alegría do Fisterra e cun sabor agridoce dunha Esteirana que conseguiu o ascenso a Primeira e chegar á final de Copa.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies