O FISTERRA PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA 1ª GALICIA G2 E A ESTEIRANA VOLVERÁ A LIGA DA COSTA

1ª GALICIA G2

-34ª Xornada-


Os “Rapacollóns” puxeron unha vez máis a festa..

-O SD Fisterra campión de liga, boa clasificación de CD Baio, CF Dumbría e SD Soneira e o lunar do descenso do SCDR Esteirana-

 

Rematou a 1ª Galicia G2 2018/19, e o SD Fisterra trala decepción de quedar fora da Copa da Costa chegoulle a euforia de proclamarse campión da categoría e co ascenso a Preferente Norte no peto, sendo o equipo máis goleador, (72 tantos) e o segundo menos goleado, (27), sufrndo tan só 3 derrotas en 34 encontros e sumando 79 puntos. Os fisterráns non tiveron piedade do CD Lalín ao que lle fixeron unha “manciña”, (5-0), para disfrute e celebración da parroquia fisterrana que animou e celebrou o título por todo o alto. Adrián “Makaay” fixo 4 dos goles e o outro Jesús. O fisterrán “Makaay” quedou a 1 gol de Martín MC que onte facía tamén un “poker” de goles. A decepción chegounos co descenso do SCDR Esteirana que ainda que quedou antepenúltimo os rarastres farán que volva a Liga da Costa. Os esteiráns caían no derradeiro encontro desta liga ante o SD Soneira no derbi costeiro, cun tanto de Toni aos 56 minutos de xogo. Os vimianceses acabaron a tempada nun meritorio 9º posto. Moi boa clasificación do CD Baio, cuartos con 60 puntos tras golear a domicilio ao Chaián CF, (0-4), con goles de Martín MC os 4 que o convirten no “Pichichi” da liga con 34 goles. Por detrás dos baieses quedaba o CF Dumbría, (5º) con 51 puntos. Os dumbrieses derrotaban a domicilio ao SD Piloño que lles remontaba o gol inicial de Marcote, e que remontaban de novo con goles de Marcote e “Yuyo”.
34ª XORNADA
19/05/2019

SD Fisterra 5-0 CD Lalín 

Flavia SD 2-1 UD Bastavales

  SD Soneira 1-0 SCDR Esteirana
 Tordoia CF 8-0 Bertamiráns CF 
Cordeiro CF 1-3 Val do Ulla UD 
CD Unión 0-1 Sigüeiro CF 
Chaián CF 0-4 CD Baio
Praiña Sporting Club 1-0 Esclavitude SD 
SD Piloño 2-3 CF Dumbría

 
SD FISTERRA 2018/19

 
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Fisterra, xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e como non a esa grandíaisma afección en especial “Os Rapacollóns Big Banda”, en gran medida responsables detes título.
 
 
CLASIFICACIÓN FINAL

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Martín MC, (CD Baio) : 34 (6 de penalti)
-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 33, (5 de penalti)

-Astray, (Sigüeiro CF), 21, (2 de penalti)

-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 21, (3 de penalti)
-Uxío, (Flavia SD) : 19, (3 de penalti)
-David Pérez, (Flavia SD) : 16, (2 de penalti)
-Rober “Pladur”, (SCDR Esteirana) : 13, (5 de penalti).
 

 

(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).

 

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-