O Fisterra lévase o derbi consteiro ante o Dumbría e aguanta en posto de promoción.

Makaay fixo dobrete ante o seu ex.

-O Fisterra lévase o derbi consteiro ante o Dumbría e aguanta en posto de promoción. Vitoria do Baio para afinzar a 4ª praza e derrota pola mínima da Esteirana que fixo sufrir o lider-

Hoxe por problemas co editor que nos chegan por mor do antigo servidor non vos podemos traer as crónicas cos comentarios de tódolos adestradores coma normalmente polo peso da información. Estamos traballando na nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques e deixar atrás tódolos problemas que estamos a ter ultimamente, polos que vos pedimos desculpas.

26ª tirada da 1ª Galicia G2, cun derbi que amosou unha vez máis a necesidade dunha 1ª Galicia da Costa. Ambente de luxo no “Ara Solis” fisterrán para ver un derbi por todo o alto e no que o SD Fisterra con dous ex do CF Dumbría como Adrián “Makaay”, que fixo dobrete, e Bruno, deixaron os puntos na casa. Os fisterrán seguen na promoción e a 3 puntos do lider Sigüeiro CF, que sufreu para levarse os 3 puntos ante a SCDR Esteirana, (0-1) que mereceu máis e plantou cara a pesares das baixas e dobraba o xeonllo no 77 cando facía o seu gol o lider. Pola sua banda o CD Baio goleaba ao UD Bastavales, (1-3), para afianzar a 4ª praza e seguir presionando o 3º, Flavia SD. Adiantábanse moi pronto os baieses con goles de Santi Díaz, (8´) e Martín “MC”, (12´), e tras acurtar os locais de penalti o fío da hora de xogo, de novo “MC” via porta para finiquitar o encontro. Caía o SD Soneira ante o Chaián CF, (1-2), nun choque no que os vimianceses igualaron o gol inicial dos visitantes cun tanto de Aarón e vía como se levaban os visitantes os 3 puntos tras materializar un penalti nos derradeiros iontres do choque...Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc…

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS…

RESULTADOS

-26ª Xornada-

17/03/2019

  Bertamiráns CF 3-2 Val do Ulla UD

SCDR Esteirana 0-1 Sigüeiro CF

UD Bastavales 1-3 CD Baio  

CD Lalín 1-0 Esclavitude SD

SD Fisterra 3-0 CF Dumbría  

Flavia SD 3-1 Praiña Sporting Club  

SD Soneira 1-2 Chaián CF 

Tordoia CF 1-2 CD Unión 

Cordeiro CF  6-1 SD Piloño

CLASIFICACIÓN

-27ª Xornada-

24/03/2019

  SD Piloño-Bertamiráns CF

Val do Ulla UD -SCDR Esteirana

Sigüeiro CF-UD Bastavales

CD Baio-CD Lalín

Esclavitude SDSD Fisterra

CF Dumbría-Flavia SD

Praiña Sporting ClubSD Soneira

Chaián CFTordoia CF

CD UniónCordeiro CF

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-