Gol de cabeza de Matías, (CF Dumbría) o Lalín.
-O Fisterra en posto de promoción. O Baio lévase o derbi da costa ante a Esteirana. O Dumbría empata co Lalín. O Soneira remonta ante o Unión-
25ª tirada da 1ª Galicia G2, retorno a actividade ainda ca resaca do “Entruido” e xa temos de novo ao SD Fisterra en promoción tras derrotar nun bo encontro dos fisterráns, en especial na segunda metade, ao Praiña Sporting Club, (1-2). Rival pola permanenza da SCDR Esteirana que caía no “derbi da costa” ante o CD Baio , no “Platas Reinoso”. Un derbi que se complicou no seu final e que acabou con 4 expulsados nos esteiráns, (2-0), moi cabreados ca arbitraxe. Recuperou sensacións e xogo o CF Dumbría que empataba co CD Lalín, (1-1), facendo por moitos intres un bo fútbol. Da mesma maneira o SD Soneira recuperaba sensacións e remontaba para levarse os 3 puntos ante o CD Unión, (1-2)..
-RESULTADOS-
-Julián Ferreiro, (Adestrador do CF Dumbría) : “Foi un partido igualado, na primeira parte tivemos o control do partido, creamos ocasións e non sufrimos en defensa. Marcamos nun corner e puidemos facer algún máis. A segunda parte foi do Lalín, estiverón mellor que nós aínda que nos meteron o final do partido puideron marcar antes. Resultado xusto”.
-Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Na primeira metade o Unión pasounos por enriba. Sostivémonos no encontro grazas a tres intervencións de Javi, que fixo que chegásemos o descanso perdendo só 1-0. Na segunda metade todo trocou. Fixémonos ca posesión e co control do xogo, e tivemos moita máis profundidade, e o Unión apenas nos xerou perigo. Démoslle a volta ó marcador cos goles de Chapela e de Aarón, e tivemos claras ocasións por medio de Pichi e Chapela”.
-CLASIFICACIÓN-

-26ª XORNADA
17/03/2019
Bertamiráns CF – Val do Ulla UD
SCDR Esteirana – Sigüeiro CF
UD Bastavales – CD Baio
CD Lalín – Esclavitude SD
SD Fisterra – CF Dumbría
Flavia SD – Praiña Sporting Club
SD Soneira – Chaián CF
Tordoia CF – CD Unión
Cordeiro CF – SD Piloño
-TÁBOA DE PICHICHIS-
-Martín MC, (CD Baio) : 23 (5 de penalti)
-Astray, (Sigüeiro CF), 18, (1 de penalti)
-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 17, (2 de penalti)
-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 16, (3 de penalti)
-Uxío, (Flavia SD) : 12, (3 de penalti)
-Iván Noya, (Tordoia CF) : 12
-David Pérez, (Sigüeiro CF) : 11, (3 de penalti)
(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).
++++++++++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-