O FISTERRA CAE NOS PENALTIS ANTE O CD BOIRO

Aarón Fernádez fixo o gol do empate.

 

XXXI COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

SD FISTERRA 1-1 CD BOIRO

A piques estivo o SD Fisterra de dar a sorpresa como xa fixera na anterior rolda e ademáis repoñéndose ao mazazo que representaba que os boireses se adiantaran a un minuto do descanso cun tanto de Bertua. O gol non foi para nada psicolóxico e os Ángel Canosa sairon a comerse o rival e conseguían empatar aos 3 minutos da reanudación cun tanto de Ararón. Ata o final o encontro puido caer de calqer lado pola incertidume do marcador, pero os fisterráns caeron con honra nos penaltis, habendo merecido estar na seguinte rolda. Fixeron falla 20 lanzamentos de penalti para dobregar aos da 2Vila do Cristo” cunha afección entregada, que coma sempre foron o xogador número “12”.

Goles : 0-1, Bertua, (44´); 1-1, Aarón, (48´)

Árbitro principal : Gonzalo Belmonte

Asistentes : Eloy Galán e Carlos Señarís

Cartóns : Amosaron 6 cartóns amarelos aos fisterráns e 4 os boireses.

 

O Domingo é o turno do CF Dumbría 

Os dumbrieses reciben a todo un SD Compostela no Municipal do Conco o Domingo a partires das 19:00 horas. Un Compostela que fai uns anos deambulaba pola 1ª División, mágoa da caida que tivo tanto a nivel deportivo como a nivel de afección, pero que loita por ir escalando ligas para voltar o fútbol profesional. Como decíamos dos fisterráns, o factor campo pode axudarlle a un CF Dumbría que xogará sen complexos e buscando dar a sorpresa, como xa o fixo ante o Xallas FC, equipo de Preferente. O encontro estará arbitrado polo camellán, Albetrto Baña, axudado nas bandas por Juan Marcos Ríos e Óscar Santos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es