O FISOBER VOLVEU A COMPETICIÓN CUN EMPATE EN VIGO NUN ENCONTRO NO QUE CADA VEZ QUE SE PUXERON POR DIANTE NO MARCADOR, VÍAN COMO LLES EMPATABAN.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

-LIGA AUTONÓMICA-

A expedición fisoberista en Vigo.

BALAIDOS C.F. 3-3 FISOBER F.S.F. 

BALAIDOS: Ingrid, Sofía, Adriana, Noelia Rial, Noe;tamén xogaron; Ireka, Xiana, Iria, Patri.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Nuriña, Saray; tamén xogaron: Carre, María Dumbría, Lucía Canosa, Uxía, Ana, Lucía Martínez.

ÁRBITROS: Yeray Pillado, Yoel Manso.

GOLES: 0-1 min Paula Fandiño, 1-1 min 5 Noelia Rial, 1-2 min 11 Paula Fandiño, 2-2 min 12 Noelia Rial, (descanso), 2-3 min 27 Adriana, 3-3 min 34 Ireka.

Partido correspondente a 12ª xornada de liga na Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na mañá do domingo no P. Pista Vermella de Vigo.

O Fisober visitaba Vigo despois dunhas semanas sen competir polo parón e a xornada de lecer e acadou un punto nun partido no que cada vez que se adiantaba, pouco despois igualaban as locais. Na semana ademais da súa aparición televisiva no Bamboleo da Tvg.

Iniciou moi forte o conxunto costeiro cun tiro lonxano de Paula Fandiño e logo cun de Saray que desviaba a porteira. E precisamente no lanzamento dese saque de esquina, Paula Fandiño mandaba ca zurda o balón a escadra para adiantar as costeiras.

Pero aos cinco minutos a local Noelia Rial igualaba o partido nunha contra ante Sharay.

Agora era o momento das locais que tiñan as mellores ocasións do partido. Primeiro cun lanzamento ao trabe. E despois cunha serie de intervencións de Sharay para evitar que as olívicas se puxeran por diante.

Despois destes minutos de dominio local tocáballe de novo as costeiras. Primeiro cunha contra finalizada por Adriana, despois cun tiro de Uxía e unha ocasión moi clara de María Dumbría.

As locais respostaban cun tiro ao pau.

Mediada esta primeira metade un roubo en media pista e unha xogada entre Ana e Paula Fandiño remata o gol desta última para o un a dous.

Case de seguido Adriana envía unha volea ao pau. Pero a resposta local foi cun gol nunha xogada de estratexia de novo por mediación de Noelia Rial.

O Fisober de novo veuse arriba e tivo ata en tres ocasións diferentes a oportunidade de adiantarse por mediación de Saray pero a porteira local evitou o gol da costeira. Chegándose ao tempo de lecer con igualada.

A segunda metade tivo menos ocasións e ritmo. A primeira ocasión foi para as locais que fixeron intervir a Sharay.

A resposta foi cunha xogada de Adriana para Nuriña e despois cun lanzamento de Paula Fandiño.

Despois no sete desta segunda metade un roubo de Adriana poñería de novo en vantaxe as costeiras. Unhas visitantes que tiveron unha nova ocasión para ampliar vantaxe.

A pouco máis de seis para o fin Ireka poñía de novo a igualada no electrónico.

Dende aquí ata o fin tan solo destacar unha boa ocasión para Nuriña.

A vindeira semana chega a Dumbría o Cidade das Burgas.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad