O FISOBER VOLVE A TROPEZAR CO VILALBA FS CÁSEQUE UN ANO DESPOIS DE PERDER POR DERRADEIRA VEZ NO CONCO, (4-5).

PREFERENTE GALICIA FSF

A porteira do Fisober, Adriana co balón nunha xogada do encontro.

 

FISOBER FSF 4-5 GRUPO FORMA-T VILALBA FS
FISOBER: Adriana, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca. Tamén xogaron: Mai, Lucía Martínez, Nuriña, Saray.
VILALBA: Carmela, Paula, Antía, Aroa, Silvia. Tamén xogaron: Carla, Adelaida, Andrea, Nerea, Akira, Jenni.

ÁRBITROS: Saúl Cabo, Mateo Ameneiro.

GOLES: 1-0 min 3 Patri, 1-1 min 15 Andrea, 1-2 min 17 Carla, 1-3 min 18 Antía, ( descanso) , 2-3 min 22 Paula Fandiño, 2-4 min 31 Aroa, 3-4 min 37 Ana, 3-5 min 38 Antia, 4-5 min 39 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 22ª xornada de Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

Fran “Pioto” o fronte do banco do Fisober durante o encontro.

 

Facía case un ano que non perdía o Fisober coma local, curiosamente o último que gañara no Conco fora o Vilalba e voltou a ser o mesmo rival o que se levou o triunfo da pista costeira, nun partidazo de ambos equipos que se decidiu en pequenos detalles e na maior efectividade das visitantes.

O Fisober saiu moi concentrado e moi intenso na busca do triunfo ante un potente rival como é o Vilalba. E así aos tres minutos Patri poñía en vantaxe as locais cun gol que daba tranquilidade. O Fisober fixo un gran partido moi metido e con ocasións pero tiña diante a un dos grandes da categoría que poñía as cousas moi difíciles.

Os minutos ían pasando e as locais non eran quen de aumentar a diferencia no electrónico. E así chegaron os últimos minutos da primeira metade que foron unha lousa para as costeiras. Primeiro Andrea igulaba o partido a cinco para o fin. Aínda así seguían a facer un bo partido as costeiras. Pero quen se poñía por diante era o conxunto visitante cun gol de Carla. As vilalbesas cada vez que chegaban con perigo pegaban e foi unha lousa para o Fisober esa circunstancia. O terceiro gol por mediación de Antía poñía aínda máis difíciles as costeiras. Co un a tres chegábase ao tempo de lecer.

 

Mai, (esq), durante o partido.

 

A volta de vestiarios seguíu o Fisober a dar moito ritmo ó partido e así Paula reducía diferencias no electrónico.
As de Fran Toba buscaban a igualada e seguían a facer un gran partido igual co conxunto visitante. Pero o Fisober non era quen de empatar.

Quen si marcou foi Aroa mediada esta segunda metade, unha xerra de auga fría para as locais.
Lonxe de renderse o Fisober redrobou esforzos na busca da remontada e chegaron uns últimos minutos tolos.
Primeiro Ana poñía o tres a catro para as locais dando folgos a un Fisober na busca de puntuar.

Pouco despois Antía voltaba a poñer dous de vantaxe e cegando ó último minuto Paula Fandiño recurtaba novamente.
Nos últimos segundos o Fisober tentou o empate pero non foi posible para o conxunto costeiro que a pesares do seu gran partido non foi quen de puntuar, nun deses días nos que a pesares das ocasións e o bo xogo os astros e a sorte conspiran en contra.

A vindeira xornada visita ao Ribeiro do Avia.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies