LIGA GALEGA FEMININA
-PREFERENTE GALICA-
Patri Romaní abreu o marcador.
Fisober FSF 5-0 Poio Pescamar B
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, María Dumbría, Uxía; Tamén xogaron: Adriana, Ana, Mai, Nuriña,Saray, Lucía Martínez, Barca.
POIO B: Helena, Nerea, Andrea, Ahinoa, Souza; Tamén xogaron: Sara, Irene, Sofía, Adriana, Estela.
ÁRBITROS: Brais Loureiro, Carlos González.
GOLES: 1-0 minuto 7 Patri, 2-0 min 16 Ana, 3-0 min 18 María Dumbría, ( descanso), 4-0 min 27 Saray, 5-0 min 37 Barca.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a sexta xornada de Liga Galega – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
O Fisober só sabe gañar como local.
CRÓNICA
Chegaba a Dumbría o cuarto clasificado o filial do equipo da máxima categoría o Poio B para enfrontarse ao terceiro o Fisober, pero as costeiras lévaronse os tres puntos e seguen contando por triunfo os seus partidos coma locais.
O Fisober consciente da importancia do rival saiu moi concentrado e intenso. As de Fran Toba con constantes rotacións e implicando a tódalas xogadoras puxo un forte ritmo para sacar o partido adiante.
Aos sete minutos Patri poñía en vantaxe no electrónico as costeiras que xa non deixaron a dianteira.
A pesares do gol as locais seguiron ao seu para que as visitantes non entraran no mesmo. Aos dezaseis Ana facía o segundo e pouco despois era María Dumbría a que facía o terceiro para poñer terra de por medio.
Con ese tres a cero foron ambos conxuntos ao tempo de lecer.
A volta de vestiarios as locais seguiron con gañas de partido e sen dar moitas opcións as visitantes.
Así no 27 Saray facía o cuarto de poñía xa moita diferenza no electrónico. Antes do fin Barca facía o quinto e definitivo.
Próximo encontro
A vindeira semana outro importante partido para o Fisober que visita ao segundo clasificado o Vilalba que leva uns número moi parecidos as costeiras xa que solo deixou de sumar fronte ao Meigas.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad