As rapazas do Fisober celebraron o pase a fase final.
Fisober FSF 5-1 AR Les corts
O Fisober Sub12 chegaba ao Campionato de España para disputar a 1ª Fase ante as campioas de Valencia, Cataluña e Meliña. O primeiro emncontro, tal e como xa vos informamos, ante as valencianas foi moi complicado pois chegaron a ir perdendo por 0-3, pero nun acto de “raza”, conseguiron empatar a tres, (3-3). Logo nos penaltis por posibles empates gañaban esa bola extra as valencianas. Melilla retirouse polo que onte non xogaban as nosas, pero nesta mañán de Domingo 1 de Xuño, enfrontábanse ante as anfitrionas, o AR Les corts, que xogaba arroupada pola sua xente pero este grupo de nenas da Costa da mrote póñenlle a proa a un mercante e goleaban as catalanas por 5-1 con goles de Martina Fernández, (2), Martina Lago, (2) e Noa Sambad.
Con este trunfo as fisoberistas xa están Fase final polo título e copa de campioas de España.
A expedición do Fisober FSF Sub12 está formado pololo preseidente do clube Fran “Pioto”, as adestradoras, Paula Fandiño, Sharay Caamaño e Adriana Castro, e as xogadoras : Marina Andrade Fernández, Claudia Ares Porteiro, María Balayo, Martina Fernández, Alejandra García, Jimena Gordillo, Martina Lago, Xenia March, Paula Miñones, Zoe Montero, Icia Romero, Noa Sambad, Lola Soneira e Alba Taboada…Así coma unha récola de familiares que animan dende a bancada.
A nosa noraboa e o noso desexo da maior das sortes para tódalas nosas e que especialmente ninguén se lesione.
VIDEO DA CELEBRACIÓN NA PISTA
-Foto e Vídeo : Juan Ángel Sambad
