O Fisober sobreponse as numerosas baixas ca segunda vitoria consecutiva en terras ourensás.

PREFERENTE GALICIA 

LIGA AUTONÓMICA

O Fisober gañou no “Paco Chao” do Carballiño.

 GRI CARBALLIÑO F.S.  2-4  FISOBER F.S.F. : 2-4.

CARBALLIÑO : Sara, Noelia, Silvana, Laura Fernández, Carla ; tamén xogaron : Paula, Laura Varela, Noemi, Jeannette, Nieves, Ana.

FISOBER : Lía, Carre, Paula Fandiño, Mai, Sharay ; tamén xogaron : Kenny, Uxía, María Dumbría.

ÁRBITROS : Victor Cruz, Jorge Pérez.

GOLES : 0-1 min 2 Paula Fandiño ( descanso ) 1-1 min 24 Laura Fernández, 1-2 min 25 María Dumbría, 1-3 min 34 Sharay, 1-4 min 36 María Dumbría, 2-4 min 39 Laura Fernández.

INCIDENCIAS : Partido de liga disputado na tarde do sábado correspondente a 13 ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica celebrado no P. Central do Paco Chao en Carballiño.

María Dumbría fixo dous goles fisoberistas.

CRÓNICA

O Fisober sacou adiante o seu segundo partido consecutivo a domicilio en terras de Ourense a pesares da vaga de lesións que está a sufrir, algo que está a darlle oportunidades a canteira e precisamente unha canteirán coma Sharay facía o seu primeiro gol na categoría.

As costeiras saían moi fortes e creando ocasións, e froito diso foi unha xogada de estratexia que propiciou o gol de Paula Fandiño os dous minutos de xogo.

As locais practicaban unha presión alta para intentar poñer en perigo a Lía. Os minutos ían pasando pero sen moito xogo por ningún dos dous equipos.

Probaba sorte Carre para o Fisober cun lanzamento a escadra local. Tamén tiña a súa oportunidade María Dumbría despois dun rexeite.

Un centro de Paula Fandiño con remate de Mai era desbaratado por unha defensa cando se coaba.

A porteira local tamén interviña a un pase de Kenny para Sharay evitando o segundo costeiro.

Con triunfo pola mínima fóronse ambos equipos a vestiarios.

A volta do tempo de lecer todo trocou xa que o pouco do inicio despois dunha parada no man a man de Lía era Laura Fernández a que igualaba o partido.

Pero pouco lle durou a ledicia as locais xa que na xogada seguinte era María Dumbría a que aproveitaba un rexeite dentro do área para poñer de novo en vantaxe as costeiras.

Poido aproveitar novamente María Dumbría un pase tras roubo de Carre pero a porteira salvou no man a man.

Seguía empurrando o Fisober na busca dun gol que dese máis tranquilidade e desta vez Carre atopaba a Mai pero novamente a porteira local desbarataba unha gran oportunidade.

As locais tamén intentaban poñer en apuros a Lía e a costeira tiña que desviar un remate de cabeza.

Aínda que as mellores ocasións eran para o Fisober e Kenny cun tiro a reviravolta de novo facía intervir a porteira local.

Ata que despois de tanto insistir unha xogada de Kenny propiciou que Sharay fixese o seu primeiro tanto na categoría.

Aínda puido anotar Carre de cabeza a centro de Paula Fandiño e quen si anotou foi novamente María Dumbría para facer un doblete.

Nos últimos segundos de partido chegaría un novo gol local pero que non trocaba nada.

A vindeira semana chega o Vilalba a Dumbría.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.