O Fisober reponse as baixas cunha vitoria moi traballada

María “Dumbría”, (der), nun lance do encontro.

Fisober FSF 3-1 FC Meigas

-O Fisober reponse as baixas cunha vitoria moi traballada-

Vitoria do Fisober FSF ante o FC Meigas na 21ª xornada da Liga Preferente Galicia, dnun choque ao que chegaban as fisoberistas con numerosas baixas. A pesares deste “handicap” as que saltaron a pista dérono todo e gañaron o encontro e puideron adicarllo as compañeiras lesionadas que animaron ata o derradeiro suspiro dende a grada…Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do FisoberFSF.

Segue coa crónicas e moito máis do encontro…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS.

PREFERENTE GALICIA 

– LIGA AUTONÓMICA-

FISOBER F.S.F. 3-1 F.C. MEIGAS

FISOBER : Lía, María Dumbría, Paula Fandiño, Kenny, Adriana ; tamén xogaron : Laura, Mai, Carre.

MEIGAS : Uxía, Estela, Yaiza, Iria, Nerea , tamén xogaron : María, Tere, Martina.

ÁRBITRO : Iván Vidal

CRONO : Francisco J. Seijo.

GOLES : 1-0 min 1 Paula Fandiño, 2-0 min 1 Kenny , ( descanso ), 3-0 min 34 Adriana, 3-1 min 34 María.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 21 ª xornada de liga Preferente Galicia – Liga Autonómica.

CRÓNICA

O Fisober que chegaba moi mermado ao partido por mor da praga de baixas que o asola , con case tantas xogadoras na grada coma na pista, Ana, Noe, Nuriña e Barca sufriron e desfrutaron dende a bancada, pero as que estaban sobre a pista deixárono todo, amosaron a súa valía e adicáronlles o triunfo. Unha vitoria afianzada con dous goles ao comezo do partido.

A saída de partido foi moi forte do conxunto de Bertamiráns cunha boa ocasión desviada por Lía.

Pero as costeiras non foron menos e con pouco máis dun minuto en xogo un lanzamento de Paula Fandiño petaba nunha xogadora visitante e para facer o primeiro gol local.

E cando aínda estaban celebrando o gol, de novo golpeaban as locais cun lanzamento ao espazo de Paula Fandiño sobre Kenny e gol desta.

En tan solo dous minutos as costeiras xa tiñan dous goles de vantaxe, moi importante na súa situación.

O Meigas non se rendía e facía intervir por dúas veces a Lía.

A posesión era local pero as ocasións eran para ambos conxuntos. De novo o Meigas daba protagonismo a Lía. Para as costeiras primeiro era Adriana a que tiña unha boa ocasión. Despois sería Mai a que a piques estivo de lograr o terceiro. E logo foi unha combinación entre Kenny e Laura que desfixo unha defensora visitante.

Comezaban a arriscar as visitantes co xogo de cinco pero Lía desfacía a oportunidade. Chegándose ao tempo de lecer co dous a cero a prol das locais.

A volta de vestiarios as visitantes xa decidiron arriscar co xogo de cinco de forma continuada. E cada roubo do balón das costeiras supuña ocasión local por parte de Paula Fandiño ou Lía con lanzamentos lonxanos.

Un balón de Paula Fandiño cara Adriana supuña unha inmellorable ocasión local desviada pola porteira do Meigas.

O Meigas tamén tiña as súas e un saque de esquina bicaba o pau da portería local.

No minuto trinta e catro Adriana poñía o tres a cero para o conxunto costeiro , pero uns segundos despois a visitante María recurtaba diferenzas co tres a un que foi definitivo.

A vindeira semana o Fisober visitará Tui.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

Debaixo das publicidades tes como contactar connosco

 se queres axudarnos poñendo a túa-

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies