Preferente Futgal Masculina
Xornada 15
Fonsagrada FS 8-5 Fisober FSF
O Fisober FSF pechou a primeira volta da Preferente Futgal Masculina cunha derrota por 8-5 na súa visita ao Pavillón Municipal da Fonsagrada, no desprazamento máis longo e incómodo da tempada.
O encontro estivo marcado polas baixas coas que acudía o conxunto costeiro e por varios erros defensivos puntuais que acabaron sendo decisivos, malia competir a bo nivel en moitas fases do partido.
Os locais, que iniciaban a xornada en postos de descenso, saíron moi intensos e cunha presión agresiva dende o primeiro minuto. Aínda así, o Fisober respondeu con personalidade, remontando o gol inicial e obrigando ao porteiro local a empregarse a fondo. A igualdade mantívose durante boa parte da primeira metade, ata que dous despistes defensivos nos minutos finais fixeron que se chegase ao descanso cun 4-2 para a Fonsagrada.
Na reanudación, os locais optaron por atrasar liñas e asegurar a súa vantaxe, mentres o Fisober buscaba recortar diferenzas. Os costeiros chegaron ao seu mellor momento co marcador en 5-4 e cunha dinámica moi positiva, pero de novo dous erros case consecutivos permitiron á Fonsagrada abrir unha fenda practicamente insalvable. A pesar diso, o Fisober seguiu competindo e anotou algún tanto máis ata o definitivo 8-5.
Malia a derrota, asumible tendo en conta o parón competitivo e a distancia do desprazamento, o Fisober pecha unha gran primeira volta con 21 puntos, máis preto dos postos de playoff que do descenso. A salvación será o gran obxectivo na segunda volta, coa intención de asegurala canto antes.
Ficha do partido
Pavillón: PM da Fonsagrada
Fonsagrada FS: Jorge, Javier Fernández, David Fernández, David Quintela, Martín – Javier Pérez, Javier Regueiro, Pedro, Carlos, Hugo, Marcos e Iván.
Fisober FSF: Brais, Raúl, Mario, Pablo, Juan – Iván e Carlos.
Goles:
1-0 min. 4
1-1 min. 5 Carlos
1-2 min. 6 Iván
2-2 min. 12
3-2 min. 16
4-2 min. 17
5-2 min. 22
5-3 min. 23 Carlos
5-4 min. 31 Carlos
6-4 min. 32
7-4 min. 33
8-4 min. 35
8-5 min. 38 Juan
Árbitros: Diego Barro Lamela, Joksan Gonçalves Dos Santos, Carla González Cuesta.
Proximo envite
Na vindeira xornada, o Fisober volverá xogar como visitante, nesta ocasión en A Baña ante un dos grandes favoritos da categoría, o segundo clasificado, ao que xa foi capaz de superar en Dumbría.
.
-Foto e información : Prensa Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”