O FISOBER, LIDER,TAMÉN PASOU A PROBA DO 3º CLASIFICADO E SIGUE IMPARABLE ANTES DE VISITAR O VILALBA, (2º), A SUA “BESTA NEGRA”. O TÍTULO.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA

Paula, (esq) e Adriana, duas das goleadoras dio Fisober.

 

FISOBER FSF 4-2 RIBEIRA FS LIEDERS.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Adriana, Ana, Myrella, Saray, Nai.
RIBEIRA: Luna, Carmen, Helena, Mariña, Antía; tamén xogaron: Paula, Carla, Lucía, Uxía, Carol, Aldara.

ÁRBITROS: Juan Alberto Blanco, Isabel Rodríguez.
GOLES: 1-0 min 18 Paula Fandiño, (descanso), 2-0 min 21 Andrea, 3-0 min 21 Patri, 4-0 min 25 Adriana, 4-1 min 29 Helena, 4-2 min 35 Carmen.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 21ª xornada de liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

Sharay baixo paus e Nuria atentas o xogo.

 

A tarde do sábado no Conco era de partido grande, xa que o Fisober recibía a visita do terceiro clasificado e a asistencia e os ánimos dos seus siareiros amosárono.

Coma é de esperar normalmente neste tipo de partidos o xogo era moi pechado e con poucos espazos con dous equipos que estudaban xogada a xogada ó rival. Así pasaban os minutos sen nada destacable, con algunha que outra ocasión pero pouco máis que salientar. Andrea e Paula Fandiño tiñan as mellores para as costeiras e Sharay desbarataba as chegadas visitantes. Cando parecía que se ía chegar co resultado gafas ó tempo de lecer, apareceu a pouco máis dun minuto unha xogada en banda de Andrea que cedeu a frontal para Paula Fandiño quen marcaba dende forá do área.
Co cero a un fóronse ambos equipos para vestiarios.

A saída dos vestiarios as costeiras foron un vendaval. No primeiro minuto Andrea aparecía para facer o dous a cero.
E case sen dar tempo a respirar, cando as visitantes arriscaban co xogo de cinco un roubo de Patri e o seu disparo suave co exterior dende case o centro do campo poñía o tres a cero. Seguían percutindo as locais e despois dunha xogada en banda de dereita de novo de Patri que cedía ó área para que despois dunha serie de rexeites Adriana fixera o catro a cero ós cinco minutos da reanudación.

As do Ribeira non querían vender fácil a súa pel e seguiron intentando entrar no partido. E así o fixeron primeiro cun gol de Helena mediada esta segunda metade e despois a cinco do fin cun de Carmen, para poñer os nervos na grada.
Pero co catro a dous parou o electrónico e as costeiras leváronse un importante triunfo.

A próxima xornada toca outro partido de aupa xa que ó Fisober visita ó Vilalba segundo clasificado e o único equipo que foi quen de derrotar as costeiras esta tempada. Unha auténtica besta negra para as costeiras xa que levan enfrontándose as seis últimas tempadas e no que será o seu duodécimo enfrontamente tan solo unha vez foi quen de gañar o Fisober.

-Fotos e Texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies