PREFERENTE GALICIA FSF
Barca Toba, (esq), fixo 4 dos goles e Paula Fandiño un.
FISOBER FSF 13-1 RÚA VALDEORRAS
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray, (5 inicial), Andrea, Myre, Nuriña, Adriana.
RÚA: Noa, Carolina, Sabela, Alba, Marta, (5 inicial) ,Gisela, Lola, Noemí, Nerea, Ánxela, Antía.
ÁRBITROS: Fernando Martínez, Mateo Ameneiro.
GOLES: 1-0 min1 Barca, 2-0 min 1 Patri, 3-0 min 4 Adriana, 4-0 min 10 Barca, 5-0 min 13 Adriana, 6-0 min 14 Barca, 7-0 min 15 Andrea, 8-0 min 16 Andrea, ( descanso), 8-1 min 22 Carolina, 9-1 min 25 Paula Fandiño, 10-1 min 30 Saray, 11-1 min 34 Myrella, 12-1 min 36 Barca, 13-1 min 37 Patri.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a terceira xornada de Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
Patri Romaní conducindo o balón ante unha rival.
CRÓNICA
O Fisober levouse un cómodo triunfo na súa volta O Conco e segue sumando de tres en tres.
Despois de dous partidos a cara de can o Fisober saiu moi concentrado e marcou dous goles ó inicio que encarrilaron o encontro. Primeiro Barca e pouco despois Patri poñían en vantaxe as costeiras.
Logo foi o turno de Adriana a que facía o gol, Barca de novo e Adriana outra vez poñían o seis a cero no electrónico.
Antes do tempo de lecer dous goles de Andrea poñían o oito a cero, por certo os seus primeiros goles trala volta o club. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios reducía diferenzas Carolina. Respostaban primeiro Paula Fandiño e despois Saray.
O gol once para as costeiras era obra de Myrella, seu número fetiche por certo, no que era tamén o seu primeiro gol na súa volta ó club.
Para pechar con goles de Barca e Patri antes do pitido final.
A vindeira xornada toca visita ó As Barxas Moaña FS.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF