O FISOBER GOLEA A DOMICILIO AO BALAIDOS NA PREFERENTE FUTGAL FEMININA, PARA REMATAR A PRIMEIRA VOLTA NA CUARTA PRAZA A UN PUNTO DAS TERCEIRAS.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA

-14ª Xornada-

Barca Toba, (centro da imaxe), retornaba trala sua lesióbn de ligamentos do xeonllo.

 

BALAIDOS CF 2-6  FISOBER FSF
BALAIDOS: Xiana, Noelia, Lomba, Carlota, Iria; tamén: Nerea, Ireka, Sofía, Ingrid, Adri, Lili,Noe
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, María, Alba; tamén: Barca, Andrea, Saray.

ÁRBITROS: Hugo Gonzalvez, Ayla Rodríguez.

GOLES: 0-1 min 4 María, 0-2 min 12 Barca, 1-2 min 20 Lomba, 1-3 min 20 Paula Fandiño, 1-4 min 28 Sharay, 1-5 min 32 Saray, 2-5 min 33 Lomba, 2-6 min 35 Patri
Partido correspondente a 15ª xornada de liga disputado na noite do sábado no P. do Berbés da cidade olívica.

CRÓNICA

Gran triunfo dun Fisober na sempre difícil pista do Balaidos, no que a mellor noticia foi a volta de Barca as pistas despois da súa longa lesión, e non pudo voltar de mellor maneira xa que o fixo con gol. O Fisober comezou ben o partido consciente da dificultade da pista olívica e os catro minutos xa se adiantaba cun gol de María.

Pouco despois producíase a noticia emotiva da xornada ca volta de Barca as pistas. Unha Barca que voltaba da mellor maneira xa que controlaba un balón longo no área e despois de darse a volta anotaba un gol, para ledicia de todos.
Con resultado de cero a dous chegouse ó tempo de lecer.

A volta de vestiarios foi trepidante xa que nada máis voltar marcaba Lomba para as locais, por sorte para as costeiras Paula Fandiño igualaba na seguinte xogada para deixar a tranquilidade de dous goles de vantaxe no electrónico.

O Fisober decidiuse polo xogo de cinco para controlar o partido e froito diso, despois dunha boa xogada aparecía a porteira Sharay no segundo pau para rematar de cabeza o cuarto gol visitante. De novo aproveitando o xogo de cinco desta vez anotaba a outra Saray para poñer o un a cinco no tanteador. Despois antes de chegarse ó final un gol para a local Lomba e un para a visitante Patri, para poñer o definitivo dous a seis.

Con este triunfo o Fisober remata a primeira volta cuarto a un punto do terceiro posto e a dez dos imparables primeiro e segundo clasificado.

A vindeira xornada viaxe a Burela para iniciar a segunda volta.

 

-Foto e texto : Luis Sambad/Fisober Prensa

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies