O FISOBER GAÑOU UN COMPLICADO ENCONTRO ANTE O VIAXES AMARELLE B E SEGUE NA LOITA POLO TÍTULO DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

Paula Fandiño fixo dous dos goles do Fisober.

 

 VIAXES AMARELLE B 1-3 FISOBER FSF
AMARELLE B: Lucía Yu, Clara, Cristina, Nuria, Olena; (Cinco inicial), Laura Rivas, Nuria Vilariño, Claudia, Laura Fernández, Sara, Daryna.
FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Paula Fandiño, Nuriña; (Cinco inicial), Adriana, Ana, Mai, Uxía, Saray, Lucía Martínez.

 

ÁRBITROS: Uxía Castro, Juan Rivera.

GOLES: 0-1 min 3 Nuriña, 1-1 min 6 Daryna, 1-2 min 9 Paula Fandiño, 1-3 min 17 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 27 ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na mañán do domingo P. Sagrada Familia de A Coruña.

 

Nuriña conduce o balón baixo a atenta mirada de Sharay.

 

Sacou adiante a difícil visita ao filial do Amarelle o Fisober e segue na loita polo título a falla agora tan solo de tres xornadas, co Meigas e o Fisober igualados a puntos.

O Fisober saiu con gañas de acadar un triunfo que as mantivera na súa pugna co Meigas e así aos tres minutos foi Nuriña a que adiantou as visitantes para darlles tranquilidade. As locais non querían deixar que as costeiras levaran o triunfo de A Coruña e por iso non deixaron de percutir durante todo o partido.

E así foi Daryna a que igualaba o partido aos seis minutos para as locais. O Fisober consciente da importancia do partido de novo voltou a tentar poñerse por diante no electrónico e así foi como Paula Fandiño facía o un a dous e daba unha nova tranquilidade as de Fran Toba. Pasaban os minutos e foi cando chegando ao fin da primeira metade un novo gol de Paula Fandiño daba dous goles de vantaxe as costeiras. Con ese resultado chegouse ao tempo de lecer. A volta de vestiarios segueu todo igual.

As viaxeiras durante case todo o partido arriscaba co xogo de cinco e as costeiras non eran quen de superar con claridade ese xogo, nunha mañán un tanto espesa. Os minutos pasaban e nada mudaba no electrónico.
Así chegouse ao fin do partido cun novo triunfo para o Fisober, nunha mañán de domingo herculina.

A vindeira xornada o Fisober recibe a un dos cocos da categoría como é o Cidade de Pontevedra.

-Fotos e Texto : Prensa Fisoebr FSF