O FISOBER FSFS GOLEA O VIAXES AMARELLE “B” E SEGUE NA LOITA POR TODO, TRALA 12ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

 PREFERENTE GALICIA

O Fisober gañou e segue en estado de gracia.

 

Fisober FSF 5-1 Viaxes Amarelle FSF “B”

FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Adriana, Saray; tamén xogaron: Ana, María Dumbría, Barca, Lucía Martínez.

AMARELLE B: Aída, Clara, María Lijo, Sara, Daryna; tamén xogaron: Sabela, Cristina, Lucía Yu, Laura, Olena.

ÁRBITROS: Noemí Costoya, Nicolás Antonio Cutrone.

GOLES: 1-0 min 2 Patri, 2-0 min 5 Barca, 3-0 min 12 Patri, (descanso) 4-0 min 34 María Dumbría, 5-0 min 39 Adriana, 5-1 min 39 Daryna.

Partido correspondente a 12ª xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

Lucía rodeada de “viaxeiras”.

 

CRÓNICA

O Fisober sacou tres importantes puntos despois do parón da semana pasada e segue moi forte na casa, nun partido que se lle puxo de cara moi cedo.

Comezou moi metido o equipo costeiro consciente da importancia do enfrontamento e xa pouco despois do primeiro minuto un roubo de Paula Fandiño e unha conducción da mesma polo rego esquerdo cedía para que Patri marcase a pracer e lle dera xa dende tan cedo vantaxe no electrónico ao Fisober.

As locais a pesares do gol non descenderon na súa implicación e seguiron percutindo sobre a meta de Aída.

Así aos cinco minutos Barca pescaba un balón no segundo pau para poñer dous goles por arriba ao Fisober.

Desperezouse un pouco o equipo viaxeiro despois deste gol pero non creaba moito perigo ante a porta dunha Sharay moi segura.

Os minutos pasaban e o marcador non mudaba ata que mediada a primeira metade de novo Patri facía gol para poñer aínda máis terra de por medio co tres a cero a prol das costeiras.

Con este gol o Fisober baixou un pouco o ritmo e o partido abrise máis, con chegadas en ambas áreas pero con ambos equipos pouco precisos na finalización.

Ademais nos últimos minutos as viaxeiras cometían a súa quinta falta e daban oportunidade as costeiras de ter un par de dobres penaltis nas botas de Adriana e Barca pero que non materializaron co que se chegou o tempo de lecer con ese tres a cero.

A volta de vestiarios de novo as locais saíron cun forte ritmo na busca de sentenciar o partido e non pasar apuros.

Apretaban para buscar o gol namentras que as visitantes tentaban causar perigo a contra.

Os minutos pasaban pero nada mudaba no electrónico. O partido parecía controlado polas locais pero cun resultado aínda aberto que permetía ter opción as visitantes.

Ata que no minuto trinta e catro María de Dumbría facía o catro a cero e pechaba o partido a prol das costeiras.

Despois antes do fin aínda hubo tempo ao quinto gol local por medio de Adriana.

Pero non querían marchar así as viaxeiras e chegou gol visitante un auténtico golazo por medio de Daryna dende lonxe.

A vindeira semana as costeiras visitan ao Cidade de Pontevedra.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad