O FISOBER FSFS EMPATA EN DUMBRÍA ANTE O SEGUNDO, FC MEIGAS NUNGRAN ENCONTRO CUN GRAN AMBENTE, NA 17ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

-LIGA AUTONÓMICA- 

 Barca “Pioto” abreu o marcador.

 

 

FISOBER FSF 2-2 FC MEIGAS

FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca. Tamén xogaron: Mai, Saray, Adriana, María Dumbría, Lucía Martínez.
MEIGAS: Uxía, Ángela, Blanca, María, Tere. Tamén xogaron: Iria, Paula, Carre.

ÁRBITROS: Carlos González, Nicolás Cutrone.
GOLES: 1-0 min 17 Barca, ( descanso), 1-1 min 31 Saray en pp, 2-1 min 32 Paula Fandiño, 2-2 min 38 Paula.

INCIDENCIAS : Partido da 17 ª xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

 

Celebrando o 2-1 de Paula Fandiño.

 

O partido entre os dous primeiros clasificados rematou en táboas, quizais o resultado máis xusto despois do visto sobre unha pista dumbriesa repleta de xiareiros, e na que o bo ambiente e a deportividade imperou a pesares do moito que se xogaba no rectángulo.

O encontró comezou cos dous equipos temerosos sin asumir demasiados riscos conscientes do que se xogaban.
O dominio era do Fisober pero sen demasiada profundidade e o Meigas priorizaba a súa defensa a media pista.
Os minutos pasaban e aínda que os roubos na presión do Fisober facíanlles ter algunha que outra ocasión pero que desfacía Uxía na portería visitante.

E cando parecía que se ía chegar con igualada ao tempo de lecer, un roubo local e un balón a Patri rematou co centro desta para que Barca definira para poñer o un a cero no electrónico ante o delirio na pista e nas gradas.
Co un a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios o partido mudou algo xa que o Meigas decidiu dar un paso adiante e comezou a chegar máis a porta de Sharay. Pero as chegadas visitantes eran desfeitas por Sharay con solvencia. O Fisober era ahora o que chegaba a contra. Tamén aparecían ocasións locais despois de roubos na presión pero Uxía seguía tamén moi segura.
E así mediada esta segunda metade unha chegada por banda do Meigas con centro de María era desviado por Saray cara a súa portería para facer o un a un.

Pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que tan solo un minuto despois unha combinación do Fisober era rematada por Paula Fandiño para poñer o dous a un no electrónico. O Meigas voltou a dar un paso adiante na busca da igualada, mentras que o Fisober buscaba algunha contra para pechar o partido. Foron pasando os minutos e nada se movía, ata que novo unha xogada pola ala esquerda da visitante Paula remataba cun forte disparo para poñer novamente o empate no marcador.

Nos últimos dous minutos intentouno o Fisober pero sen acadar premio e o partido rematou co empate a dous no electrónico.

Este resultado deixa todo como estaba para o que queda de liga que aínda e case unha volta enteira. O Fisober tres puntos por encima pero cun partido máis, e o Meigas co average particular ao seu favor.
A vindeira xornada o Fisober viaxa para visitar ao Atl. Arnoia.

-Foto e Texto : Fisober FSF/piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies