PREFERENTE GALICIA FEMININA
FISOBER F.S.F. 4-0 F.C. MEIGAS
FISOBER: Lía, Adriana, Paula Fandiño, Saray, Uxía ; Tamén xogaron: Lucía Rodríguez, Nerea, Lucía Canosa, Sharay, Lucía Martínez.
MEIGAS: Uxía, Iria, María, Teresa, Malena ; Tamén xogaron: Ale, Maite, Laura, Carla, Martina, Paula.
ÁRBITROS: Jorge Fernández, Pablo Gondelle.
GOLES: 1-0 min 4 Saray, 2-0 min 14 Paula Fandiño, ( descanso), 3-0 min 26 Adriana, 4-0 min 32 Uxía.
CRÓNICA
Partido da primeira xornada da Preferente Galicia subgrupo A disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.
O Fisober comezou cun triunfo a volta as pistas máis dun ano despois, onde a canteira tivo protagonismo por mor das moitas baixas cas que chegaban as costeiras.
Saiu ben o conxunto costeiro primeiro cunha contra na que Adriana non chegou por pouco e despois cun saque de banda con disparo de Paula Fandiño e toque de Adriana que desvíaba a porteira visitante.
Aos catro minutos despois dun saque de esquina era Saray a que facía o primeiro gol local nun tiro cruzado.
As visitantes querían desperezarse e poñían a proba a Lía despois dun lanzamento de esquina. Eran uns minutos de toma e daca con ocasións para os dous lados na que as porteiras colleron protagonismo. Adriana por parte costeira era a punta de lanza.
Ata que nunha contra Paula Fandiño facía o segundo gol do Fisober aos catorce minutos de xogo.
As visitantes non se viñan abaixo e seguían poñendo a proba a Lía moi segura, e polas locais de novo Adriana tiña ocasións, desta vez cun tiro lateral ao pau.
No comezo da segunda metade buscaban as visitantes recortar distancias e seguían percutindo sobre Lía.
Saray respostaba pola banda costeira e as visitantes seguían a ter ocasións para apretar o electrónico.
Unha combinación entre Paula Fandiño e Adriana acababa cunha gran ocasión desta última. Unha Adriana que non fallaría a pase de Saray aos seis minutos da reanudación.
De novo Paula e Adriana buscaban o gol pero atopábanse ca porteira visitante.
Chegado a este punto as do Meigas buscaban arriscar co xogo de cinco. Pero un roubo de Uxía poñía o cuarto gol local e as cousas moi complicadas para as visitantes.
Dende aquí ata o fin ocasións para ambos conxuntos nas que Lucía Canosa, Paula Fandiño e Uxía tiñan as máis claras para as locais, pero o marcador xa non se moveu.
A vindeira semana as costeiras visitan ao filial do Burela Pescados Rubén.
-Foto : Fisober FSF
-Texto : Luis Sambad