O FISOBER FSF RETORNOU A SENDA DAS VITORIAS ANTE O CONCELLO DE BEGONTE, (4-0), NA 7ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Lucía Canosa fixo 2 dos goles do Fisober.

FISOBER F.S.F 4-0 CONCELLO DE BEGONTE

FISOBER: Sharay, Ana, María Dumbría, Paula Fandiño, Saray; Tamén xogaron: Lucía Canosa, Carre, Nuriña, Adriana, Lucía Martínez.

BEGONTE: Alicia, Sheila, Ainara, Noa, Noemi; Tamén xogaron: Nuria, Nerea, Ruth, Ana.

ÁRBITROS: Elvis Rodríguez e Carlos González.

GOLES: 1-0 min 14 Ana, (descanso), 2-0 min 21 Lucía Canosa, 3-0 min 27 Paula Fandiño, 4-0 min 39 Lucía Canosa.

INCIDENCIAS : Partido disputado na maña do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría pertencente a 7ª xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica.

O Fisober retornou a senda das vitorias ante o Begonte.

CRÓNICA

O Fisober voltou a senda da vitoria rachando a súa xeira negativa, acadando o terceiro triunfo dos tres partidos desputados no Conco.

Comezou o partido cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño rondando o pau. De novo un lanzamento de Paula Fandiño con rexeite que colle Ana para Adriana e que detén a porteira visitante.

Despois nun lanzamento de tres cuartos para Adriana e despexe da defensa visitante.

O Fisober dominaba o partido. Despois dun saque de esquina Ana enviaba rozando a escadra o seu lanzamento. De novo Ana despois dun saque de esquina rozaba desta vez o longueiro.

O Begonte aparecía con perigo por primeira vez cun lanzamento de falta que puxo o medo no corpo as locais.

A seis para o fin da primeira metade despois dun lanzamento de banda dende tres cartos Ana facía o primeiro gol local e rachaba a portería visitante cun gol pola escadra.

Un centro de Paula Fandiño era rematado por Saray de forma acrobática. Antes do fin da primeira metade unha parede no borde do área e remtada por Carre que non acadaba o gol gracias ao bo traballo da defensa visitante.

O inicio da segunda metade non podía ser mellor para as costeiras xa que Lucía Canosa facía o segundo gol para o Fisober.

Pouco despois Paula Fandiño con un para un enviaba ao pau o seu lanzamento. Unha parede entre Paula Fandiño e Lucía Canosa finalizaba cun perigoso remate desta última.

Aos 27 minutos un lanzamento de Paula Fandiño toca nunha xogadora visitante para facer o terceiro gol local.

Decide arriscar o Begonte co xogo de cinco.

Unha xogada entre Saray e María Dumbría vía como a porteira evitaba o gol do Fisober. Despois unha xogada entre Carre e Lucía Martínez remataba con envío desta última ao pau.

Un roubo de Paula Fandiño con vaselina e a porteira evita o gol. Outro roubo era rematado por Ana oa longueiro.

Para rematar o partido un roubo de Ana con pase atrás sobre Lucía Canosa para facer o cuarto e finiquitar o partido.

A vindeira semana difícil visita a Vilalba do Fisober.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad