O Fisober FSF remata a primeira volta da Preferente Galicia FSF ao grande ante o Cidade das Burgas, (4-8)

 PREFERENTE GALICIA

-Liga Autonómica-

 CIDADE DAS BURGAS B 48 FISOBER FSF

BURGAS B: Noa, Lucía, Dunia, Karem, Adriana, tamén xogaron: Salo, Carmen, Carlota, Laura, Annia, Alessia.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén xogaron: Patri, María Dumbría, Ana, Mai.

ÁRBITROS: José Ramón Estévez, Daniela Ansia.

GOLES: 0-1 min 2 Paula Fandiño, 0-2 min 5 Adriana, 0-3 min 12 Patri, 1-3 min 13 Lucía, 1-4 min 17 Patri, (descanso), 2-4 min 21 Dunia, 3-4 min 21 Dunia, 3-5 min 24 Patri, 3-6 min 29 Patri, 4-6 min 31 Dunia, 4-7 min 36 Barca, 4-8 min 38 Patri.

INCIDENCIAS : Partido disputado na mañá do domingo no Anexo do PM dos Remedios de Ourense correspondente a 15ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia e última da primeira volta.

 

 

Finalizou a primeira volta para o Fisober cos seus mellores números da súa historia na categoría, incluso mellores ao ano do título e ascenso (aquel ano deixáranse dúas derrotas na primeira volta) esta tempada tan solo unha no seu man a man co Meigas.

Iniciou moi forte o Fisober ca intención de colleitar tres novos puntos para finalizar a primeira volta.

E así era Paula Fandiño a que abría o electrónico para o conxunto costeiro. Así e todo seguiron con forza as xogadoras do Fisober e así era Adriana a que facía o segundo.

Mediada esta primeira metade era Patri a que facía o terceiro e poñía un oco ante ambos equipos.

Pero o xove e combativo conxunto local non se rendía e recurtaba distanzas cun gol de Lucía. Era de novo Patri a que acercándose ao tempo de lecer a que facía o cuarto gol visitante.

Co un a catro chegábase ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios amosouse a dificultade da categoría que non permite un momento de relaxación. As costeiras non saíron concentradas e non abrir e pechar de ollos dous goles de Dunia poñían un perigoso tres a catro.

Pero Patri non estaba disposta a que as costeiras non se levaran os tres puntos e con dous goles voltaba a poñer terra de por medio para poñer o tres a seis no electrónico.

As locais non daban seu brazo a torcer e de novo Dunia facía o cuarto gol local e o seu terceiro particular.

Era Barca a que poñía o catro a sete para darlle un respiro as costeiras e poñer tres goles de vantaxe.

Patri facía o oitavo e definitivo e o seu quinto gol particular para pechar o partido co catro a oito final e traer así os tres puntos cara a Costa nesta gran primeira volta do Fisober.

A vindeira semana difícil saída a terras do Balona Linense para iniciar a segunda volta.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies